Lun, 02 Abr 2007, 23:41
Asunto: Subida Rocas-Eirado + Andaina 2007
Hola a todos tal como viña comentando noutros temas xa abertos, ahora a falta de dous meses vou abrindo un propio para ir informando a todolos interesados en calquera das duas opcións a celebrar o vindeiro 3 de xuño.
A carreira en si ten un percorrido de 11.5km, dos cales os 6 primeiros son por rutas de senderismo mooooooooooi bonitas

, pasando a caron do mosteiro de San Pedro de Rocas no km3, logo seguimos por pistas rápidas e anchas para os adiantos

e con chegada na ermida da Virxe do Monte......non porque se celebre unha romería ese día senon polo fermoso paisaxe do que se pode disfrutar e se todo vai como pensamos será maior o disfrute, se conseguimos un aperitivo...........
A andaina ten o mesmo trazado, coa variante de que despois do aperitivo vaixamos por outras rutas de senderismo distintas de volta a Esgos.....Por certo casi non digo onde vai ter lugar o evento
Na páxina do concello fixeron un pequeno adianto no apartado de novas pero en breve abrirán un tema co perfil e fotos de diversos sitios de paso así como toda a información que sexa precisa........