Xov, 22 Ago 2013, 12:27
Asunto: III Memorial Manuel Bergueiro (A Estrada) 08/09/13
ATLANTICA DE ABOGADOS, organiza o Domingo día 8 de Setembro de 2013 a partir das 10:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada o “III Memorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a derradeira carreira puntuable para o I Circuito “Corre A Estrada Corre”.
REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES:
A proba estará baixo a supervisión e control de ChampionchipNorte. Poderán participar atletas federados e non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
PITUFOS: Atletas nados/as no 2008 e posteriores
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001
CADETE: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
ABSOLUTA: Atletas nados/as nos anos 1997 e anteriores.
VETERÁN A MASCULINO: Atletas nados entre 1975 e 1966.
VETERANA A FEMININO Atletas nadas entre 1977 e 1968.
VETERÁN B MASCULINO: Atletas nados entre 1965 e 1956.
VETERANA B FEMININO Atletas nadas no ano 1967 e 1956.
VETERÁN C MASCULINO Atletas nados no ano 1955 e anteriores.
VETERÁNA C FEMININO Atletas nadas no ano 1955 e anteriores.
3. PERCORRIDOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3.330 metros, aproximadamente a partir da categoría xuvenil/junior/promesa, cun total de 10.000 metros. O resto das probas farase nun minicircuito de 800 metros e de 500 metros.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
10:00 h PITUFOS 100-120 m
10:15 h PREBENXAMÍN e BENXAMÍN 500 m (1 volta circuito pequeno)
10:30 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito mediano)
11:00 h INFANTIL-CADETE 800 m (2 voltas ó circuito mediano). Total de 1.600 m
11:30 h XUVENIL/JUNIOR/PROMESA/SENIOR E VETERÁN 10.000 m (3 voltas ó circuito grande)
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS
Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido.
4. INSCRICIÓNS:
ADULTOS: Ata o Mércores día 4 de Setembro de 2013 as 24:00 horas na web
www.championchipnorte.com (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o Mércores día 4 de Setembro de
2013 ás 14:00 horas no teléfono 986.570.030 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou
649.704.472 e nos correos deporteaestrada @ gmail.com ou atletismoaestrada @ gmail.com.
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto e localidade de procedencia.
O PREZO da inscrición e gratuíta para os escolares.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 982.816.884.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 (horario de mañá) ou 649.704.472 ou nos correos deporteaestrada @ gmail.com ou atletismoaestrada @ gmail.com.
5. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 09:00h.
CONTROL CON CHIP: As probas (agás as escolares) estarán controladas a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba (agás propietarios de chip amarelo).
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.
Trofeo e premio para ós 3 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Proba Masculina Proba feminina
1º. Trofeo + 200€. 1º. Trofeo + 200€.
2º. Trofeo + 150€. 2º. Trofeo + 150€.
3º. Trofeo + 100€. 3º. Trofeo + 100€.
CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ó 1º clasificado de cada categoría feminina e masculino.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).
Os premios son acumulativos.
Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto ata esgotar existencias.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá habilitado vestiarios no campo municipal da Baiuca. O horario de apertura
será a partir das 09:00 ata as 14:00.
Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:
www.championchipnorte.com
www.correrengalicia.org