Foros ›
IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Mar, 10 Set 2013, 20:25
Asunto: Re: IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN

Hola por aquí; eu deixei a miña crónica no blogue como de costume, só dicir que coincido con Yosi en agradecer ós voluntarios e á organización o esforzo.

Supoño que co pouco que se move este fío preguntar por fotos... en fin, foi unha boa carreira.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Daserra

Novo foreiro
Novo foreiro
19/09/11
200 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 10 Set 2013, 21:38
Asunto: Re: IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN

yosi escribió:
semella que esta edición da carreira pasou con máis pena que gloria por este foro...
con todo, quixera dende aquí mandar o meu agradecemento e recoñecemento a organizadores (Concello de Petín e Delegación de Atletismo de Valdeorras, fundamentalmente) e voluntarios que a fixeron posible... Aplauso
bo día para correr, e xenial o ambiente na cena de despois.

lamentar a escasa participación, desexando e esperando que non fose a última... Rezar

un saudo Razz

Eu tamén desexo que non sexa a última, ainda que hai detalles que son mellorables.
O regalo que diron coa bolsa do corredor non vale nin para...., e este ano a gorra sin serigrafiar.
E despois non se pode cobrar 10 euros ó acompañante por unha cea que este ano non había nin por onde collela.

Non obstante tamén quero valorar e agradecer o traballo dos organizadores e dos voluntarios, e animalos a superarse na próxima edición.
Adiazlop

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/01/11
200 Carreiras
63 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mar, 10 Set 2013, 23:08
Asunto: Re: IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN

Eu fun por primera vez. Foi maís dura do que pensaba, e donde logo a asistencia floxa, coido que xa gañou a fama de "dura e con calor" e eso tira un poco para atrás. Noraboa os de Petin pola iniciativa.
secaiv

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/03/08
0 Carreiras
237 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 11 Set 2013, 8:04
Asunto: Re: IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN

O mellor, favoreceria á carreira que se fixese noutra data. Un medio maratón tan duro en pleno interior e nestas datas, pois non é moi atractivo pra xente. Este ano, a temperatura foi moito máis agradable co ano pasado, pero inda e todo, chegoulle ben, pero hai que ser consciente de que nesta época do ano non imos ter mellor temperatura.

Esperemos que se siga facendo esta carreira, é unha magoa que a xente reclame máis medios maratóns en Galicia, e cando temos un homologado, non imos.

Agardo o mellor, e adestro pro peor.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
502 Carreiras
3821 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Set 2013, 21:17
Asunto: Re: IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN

secaiv escribió:
Esperemos que se siga facendo esta carreira, é unha magoa que a xente reclame máis medios maratóns en Galicia, e cando temos un homologado, non imos.

En parte tes razón, pero como xa se comentou, esta media ten varios inconvintes que lastran a sua participación ao meu modo de ver.

O celebrarse tan a principios de setembro, hai moita xente que tralo parón veraniego ainda está collendo a forma pouco a pouco, e aumentando a Kilometraxe. Que unido a moita dureza para ser unha media de asfalto e as previsibles altas temperaturas, xa vai o "pack" completo.
E finalmente Petín, queda nun extremo de Ourense, e por tanto alonxado das meirandes cidades de Galicia, polo que un gran nº dos corredores teñen que facer unha kilometrada para ir correr.
Esperemos que os organizadores non se desanimen e sigan apostando por esta Media.

Un saudo.
Charlyadhuso

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/03/13
0 Carreiras
247 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Nov 2013, 12:16
Asunto: Re: IVº MEDIO MARATÓN VILA DE PETIN

A proxima apuntome,este ano non puden por outros compromisos pero pra o ano que ven vou seguro





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos