Foros ›
IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2013, 22:33
Asunto: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Outro ano máis a Asociación Deportivo-Cultural O Petouto de Moraña, organiza a Cuarta Edición da Carreira Pedestre Popular de Moraña. Que será o SÁBADO 28 DE SETEMBRO.


Inscrición

As INSCRICIÓNS das Carreiras nas categorías Chupetes, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete faranse no correo electrónico opetouto@gmail.com facendo constar nome e apelidos, data de nacemento, DNI, localidade de procedencia e club (se pertence a algún) e teléfono. Nestas categorías admitiranse inscrición o día da proba até as 16:30 horas.

As INSCRICIÓNS nas categorías Absolutas, de xuvenís en adiante, realizaranse mediante a páxina web www.championchipnorte.com aboando 1 euro (no caso de portar chip amarelo) ou 3 euros ( para alugar o chip) o resto dos participantes, que deberán estar rexistrados na web ou darse de alta no apartado “rexistrarse”. Nestas categorías o prazo de inscrición rematará o xoves 26 de setembro de 2013 ás 22:00 horas.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE DITO PRAZO.

Enlace directo: www.championchipnorte....de-morana/

Información de interese

As clasificacións publicarase en www.championchipnorte.com
Haberá gardarroupas , vestiarios e duchas a disposición dos corredores que o desexen no Pavillón Municipal de Moraña.
Durante todo o día haberá servizo médico e de ambulancia permanente.
Ante calquera dúbida e para consultar o REGULAMENTO ponse a disposición o correo electrónico opetouto @ gmail.com

Categorías e distancias

A Chupetes: nados dende 2009. Distancia 150 metros.
B Prebenxamíns: nados entre 2006 e 2008. Distancia 400 metros.
C Benxamíns: nados entre 2004 e 2005. Distancia 800 metros.
D Alevín: nados entre 2002 e 2003. Distancia 1.000 metros.
E Infantil: nados entre 2000 e 2001. Distancia 3.000 metros.
F Cadete: nados entre 1998 e 1999. Distancia 3.000 metros.
G Xuvenil: nados entre 1995 e 1997. Distancia 10.500 metros.
H Promesa: nados entre 1991 e 1994. Distancia 10.500 metros.
I Senior: nados entre 1973 e 1990. Distancia 10.500 metros.
K Veterán A: nados entre 1963 e 1972. Distancia 10.500 metros.
L Veterán B: nados entre 1953 e 1962. Distancia 10.500 metros.
M Veterán C: nados entre 1952 e anteriores. Distancia 10.500 metros.

Horarios

As carreiras comezarán ás 16:30 HORAS O SÁBADO 28 DE SETEMBRO preto do pavillón municipal de Santa Lucía de Moraña.
A recollida de dorsais e chips terá lugar na secretaría da competición (sita no Pavillón Municipal de Moraña) até media hora antes do comezo da correspondente proba.

Trofeos e agasallos

- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino de cada categoría.
- Haberá un trofeo para a/o mellor corredor/a de Moraña de cada categoría.
- Os gañadores da Clasificación Xeral tanto masculino como feminino recibirán un pack para un circuíto relax no Balneario Termas de Cuntis para dúas persoas.
- Haberá dous trofeos destinados para o corredor e a corredora máis lonxevos que cheguen á meta no tempo límite que estime a organización da proba.
- Ao remate da carreira os corredores/as recibirán avituallamento sólido e líquido.
- Sortearanse unha estancia dunha noite para dúas persoas para o Hotel Rústico Fonteverde e dúas estancias dobles no Hotel Sena.
- Todos os participantes terán un 20% de desconto en masaxe deportiva no Centro de Fisioterapia e Estética Gamallo e Fontenla.

Recorrido



Perfil

es.wikiloc.com/wikiloc...id=5268464

Cadro de honra

ANO 2010

1º Jorge Crespo Arias (Negreira)
1ª María Isabel Sáez Batallán (A Estrada)

ANO 2011

1º Daniel Bargiela Araújo (Ponteareas)
1ª Guadalupe Lodeiro Núñez (Vilagarcía de Arousa)

ANO 2012

1º Rafael Fuentes Lubian (Poio)
1ª Jennifer Bures Aladero (Paradela de Meis)


Esperamos a vosa asistencia.
Un saúdo.


Última edición por Dieguinho_Gz o Mar, 17 Set 2013, 19:10; editado 7 veces
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 7:12
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR DE MORAÑA, 28 de setembro de 2013

Gran carreira. A ver se podemos estar!
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 9:01
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR DE MORAÑA, 28 de setembro de 2013

Aqui te esperamos gertiz.

En breves subiremos o mapa do recorrido, que tivemos problemas para poñelo, de todos xeitos é exacto ao ano pasado
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 9:01
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR DE MORAÑA, 28 de setembro de 2013

Aqui te esperamos gertiz.

En breves subiremos o mapa do recorrido, que tivemos problemas para poñelo, de todos xeitos é exacto ao ano pasado
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1313 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 11:49
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR DE MORAÑA, 28 de setembro de 2013

A ver se non chove como na última edición jejej.
Que maneira de caer auga...
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 12:27
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR DE MORAÑA, 28 de setembro de 2013

mac-ray escribió:
A ver se non chove como na última edición jejej.
Que maneira de caer auga...

Esperemos que non, nas anteriores edicions tivemos moita sorte co tempo pero a última foi moita choiva e a piques de suspenderse, pero ao final cremos que saiu todo ben.
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 07 Set 2013, 17:16
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

RECORDAMOS! A carreira é o SÁBADO 28! no calendario sigue aparecendo o domingo 29, estamos á espera de que os moderadores a cambien
Enrique

Maratoniano
Maratoniano
4/03/07
50 Carreiras
481 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Set 2013, 11:07
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Allí estaremos seguramente varios deportistas del C.D. San Paio y yo particularmente que tengo una cuenta pendiente con esta carrera ya que supuso mi última carrera antes de un gran parón y en la cúal tube que abandonar por problemas físicos.
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Set 2013, 18:15
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Enrique escribió:
Allí estaremos seguramente varios deportistas del C.D. San Paio y yo particularmente que tengo una cuenta pendiente con esta carrera ya que supuso mi última carrera antes de un gran parón y en la cúal tube que abandonar por problemas físicos.

Ahí vos esperamos! Seguro que saldas esa conta coa carreira
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 11 Set 2013, 19:45
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Informarmos que a carreira xa está colocada na sua data no calendario de correr en galicia.

Grazas aos administradores por solucionar o problema.
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 11 Set 2013, 19:47
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Informarmos que a carreira xa está colocada na sua data no calendario de correr en galicia.

Grazas aos administradores por solucionar o problema.
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Set 2013, 12:08
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Xa podedes inscribirvos en:

www.championchipnorte....de-morana/
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2013, 6:53
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro

Recordasevos, que xa está aberta a inscrición.
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Set 2013, 12:33
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Deixo á vosa disposición o circuíto da carreira absoluta de 10500 metros.


Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Set 2013, 10:42
Asunto: Re: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013

Recordade que o sábado toca ir a Moraña!

Haberá un gran avituallamento:
- Bebidas a cargo de Coca-Cola
- Diferentes productos enerxéticos a cargo de Herbalife
- E tres pezas de fruta para cada corredor ao chegar a meta a cargo de Frutas MyM





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos