Dom, 08 Abr 2007, 18:51
Asunto:
Home, o vello debate de volta nos seus monitores¡¡¡
Mirade, como ben citou
Javier ainda hai probas nas que a cuota do que pagas non cubre os agasallos, entón: ¿porqué pagamos?.
Noutras a infraestructura da organización é tremenda mais esta chea de publicidade que é quen a proporciona, entón: ¿para que pagamos?...
Pode que seña certo que o que acontece é que as organizacions tenden a
Lestrove escribió: |
pretender dar buenos premios en metalico con el sudor de los Populares |
Non sei, a conta non cadra para alguhas probas, sobre todo se contamos cos fixos de saida.
Logo están probas nas que participar é un gusto porque hai VOLUNTARIOS en tódolos eidos da organización e te tratan como na casa...
Vexo, e coido que coincidiremos, que se ten creado tamén un certo 'sector industrial' da organización deportiva; dito sector formase polo que, en termos empresariais, serían
joint ventures nas que empresas de bebidas, calzados, comida, prendas, accesorios etc. se alían a cronometradores, empresas de servizos e infraestructuras moviles e tamén empresas de comunicación e imaxe, grupos de medios informativos etc. todas elas viñan prestando os seus servicios ós habituais
show bussines como a volta a España etc. logo, entraron nas probas populares grandes... O que está a acontecer agora é a continuación lóxica cara abaixo deste
nejosio da mán de patrocinadores locais que ofertan un 'pack' completo de organización a unha administración (local, comarcal etc.) ou a un clube/asociación.
Evidentemente non se percura xa sómentes a rendabilidade publicitaria senon, incluso, a rendabilidade da empresa e non tanto no beneficio final senon en cubir-los custes dos materiais (carpas, chips, toldos etc) e as súas amortizacions... A imaxe soe ser moi boa, os políticos quedan moi satisfeitos e os seus encargados quedan libres da maioría do traballo pesado.
Ã? moi dificil ir contra este esquema pois como ben vos pode demostrar xente deste foro ( Khene, Lestrove, supermorais etc. ) non é nada, pero que nada doado organizar unha proba que cumpra os mínimos que; iso si todos nós, soemos esixir a unha carreira por moi popular que seña.
En conclusión; eu son contrario ós boicots deportivos dende que sendo neno vin a vergoña dos XXOO boicoteados politicamente.
Coido que xa que a organización entra no xogo empresarial os usuarios deberamos entrar no xogo dos contratos; isto é: Si hai un pago hai un contrato por uns SERVIZOS que se deben detallar no formulario de inscripción e que se poderán esixir perante as autoridades de consumo ou xuridiscionalmente.
¿que isto é rematar coa maioría das probas?; que se fagan sen cuota de inscripción, só con donativos, con cuotas por servizos...
Como por exemplo un seguro para os danos individuais non orixinado por terceiros, o emprego de servicios de masaxe, o uso de consigna e/ou transporte, o acceso a duchas/vestiarios etc.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html