Dom, 15 Set 2013, 19:04
Asunto: Re: Corre San Santiago
[quote="miguelanxo"]Creo que en xeral estivo todo OK, a pesar dos retraso na saída absoluta. Mágoa a coincidencia con outras carreiras da zona, de aí a menor participación con respecto ao ano pasado na absoluta.
E as clasificacións... derek, vale que fixemos "mariquitadas" entre os do equipo na chegada, pero logo como é que entrando eu diante na meta aparece o meu colega de equipo Óscar V. diante na clasificación??? E tamén me choca a clasificación de algún outro no top 10, que indo apenas a 20-30 segundos na última subida logo aparece quitándonos un minuto vinte ao final... Eu de vós revisaba. Xa no campus norte aparecía por aí na clasificación no top 15 algún que non correra... E que chega un momento que todo puidera condicionar as clasificacións finais, senón mirade o apretado da tempada pasada. Mellor arranxar a tempo...senón sería unha pena.
Polo demais creo que tivemos unha boa mañá, que non houbo os cristos de tráfico do ano pasado e que a xente o pasou moi ben. Felicidades![/
Creo que tienes razón Miguelanxo, pois o atleta ó q adiantei a 30 metros da meta aparece ña clasificación a 38 segundos.
Q conste que non é por poñer pegas, porque a organización estivo excelente.
Saúdos!