Xov, 05 Set 2013, 0:02
Asunto: Re: I Bip Bip Correcamiños. Carral, 9/VI/2013
Ola bos días a tod@s.
O meu nome (non me oculto baixo ningún seudónimo) é Juan Carlos Rodríguez Queijas e son o responsable do Trail Bip Bip Correcamiños.
No día de hoxe 04/09/2013 comunicanme que nos foros de correrengalicia hai usuarios que están vertendo una serie de declaracións con respecto á organización que represento.
Accedo ó foro (ó que non accedera con anterioridade posto que non dispoño de moito tempo para elo aínda que valoro a súa utilidade) e despois de ler os últimos comentarios pertencentes a 3 ou 4 persoas caeseme a alma ós pes.
En primeiro lugar teño que dicir que ninguén se mete na organización dunha proba deportiva coa intención de quedarse cos cartos dos inscritos, aínda que isto é tan obvio que nin siquera debería ser comentado.
En segundo lugar tratarei de explicar (que non xustificar a tardanza dalgunhas devolucións).
Una vez notificada á organización que non se podía realizar a proba, procedimos a anunciar a tódolos inscritos que podían (evidentemente eu tamén o faría) reclamar á devolución dos seus cartos se non desexaban permanecer inscritos para a data posterior de realización da carreira.
Coas contas de NCG tivemos que realizar na oficina onde temos conta, a transferencia corredor por corredor comprobando que non había erro nos datos dos mesmos e aínda que a maioria estaban correctos, houbo 7 ou 8 casos con erros nos nº de conta co cal tivemos que volver a poñernos en contacto con estas persoas para que nos enviasen novamente o nº correcto.
No caso de outros bancos como Santander, Bankinter, Popular, Banesto, Bbva, etc. etc., non puidemos facer a transferencia desde NCG posto que nos cobraban 1,5 euros por operación e non é porque seamos moi racanos nin nada parecido, senón porqué tendo en conta que o presuposto para a proba é duns 450 euros en buffs de regalo, 60 euros de dorsais, 350 euros de ambulancia e médico, 150 euros de trofeos, 150 euros + 1 euro por participante de seguro de accidentes, máis gastos de avituallamentos + gastos de comida de fin de carreira, 50 euros de tramites na xunta, etc. etc. non podíamos permitirnos o luxo aínda que pareza mentira, de gastar en torno a 100 euros máis en comisión de devolucións, polo cal tivemos que ir banco por banco co listado das persoas e ir facendo o ingreso un a un.
A maior parte dos datos bancarios estaban ben pero houbo casos nos que os datos estaban incorrectos.Houbo dous casos nos que tiñamos soo o nome da persoa e do banco, o ir a facer a devolución resultou que había varias persoas con ese mismo nome e finalmente casos nos que a persoa que fixera o ingreso (posiblemente un familiar ou amigo) non se correspondía con quen pedía a devolución co cal no banco nos dicían que comprobaramos se os datos estaban correctos.
Pois ben todo isto non se fixo de golpe, porque as reclamacións foron feitas unas 4 ou 5 días despois outras unha semana, dúas etc.
As persoas que estamos metidas nista organización tamén temos a nosa vida, os nosos problemas, fillos e afortunadamente tamén temos traballo, e os horarios dos bancos coinciden cos do traballo co cal tivemos que facer piruetas e en moitos casos ir literalmente correndo a facer un ingreso á hora de comer e isto non un día posto que como xa dixen as reclamacións viñan con contagotas, senón outro día e outro día etc. e enriba en poucos casos pero máis que suficientes con erros que nos facían vover a pedir novamente os datos bancarios.
Tamén é certo, non o vou negar, que chegou un punto en que por razóns persoais, familiares ou de traballo decidimos non ir durante dous ou tres días seguidos, porque como dicía, todos temos a nosa vida, fillos, problemas e pouco tempo, que enriba o dedicamos a tareas ingratas como ista.
Isto con relación á tardanza nas devolucións.
Outra cousa é que alguén que reclamara non se lle devolverán os cartos, se é así daquela sí que temos que pedir disculpas e admitir o erro, pero de aí a afirmar que pretendemos quedarnos cos cartos de alguén hai un abismo.
Por isto pedimos a quén recalmara e non se lle devolverán pola razón que sexa (olvido, traspapeleo, ou calqueira outra razón) que nos envie novamente os datos e aseguramosvos que estaremos pendentes do correo para poder devolvervos o que é voso ese mesmo día ou a máis tardar ó día seguinte.
Antes de rematar con isto dicir que a Borja Manuel Lamas Lage e a Orjales Piñeiro lles foi devolta a inscripción tarde é certo (polas razóns que expuxen) o día 09 de xullo de 2013, así que unha de dúas: ou había algún erro na conta ou non sei onde está o fallo porque mentras escribo isto, teño o resgardo de ingreso enriba da mesa, resgardo que lle enviarei a esta persoa para que poida comprobar o que digo.
Resulta moi triste ter que ler algún dos comentarios que se fixeron de maneira tan (quero pensar ) inconsciente neste foro porque como dixo o meu amigo e excelente corredor de montaña (Fernando Cancelo) neste mesmo foro o dia 10 de Xuño:
“todo eso lo organiza alguien desde hace meses o semanas con CERO beneficio económico, sólo transtornos y la satisfacción de hacer algo que te gusta, con lo que un poco de comprensión, y sino probad a organizar”
As cousas non se fan mal adrede, nos tiñamos seguro de responsabilidade civil en Helvetia, seguro de accidente en Mapfre, contratada ambulancia e médico colexiado e o coñecemento / permiso do concello, pero sí, é certo, non solicitaramos autorización a Espectáculos públicos da Xunta por entender que de ser necesario algún trámite a maiores nolo comunicaría o concello ou se encargarían eles de tramítalo, ese e solo ese, nada do que se verteu neste foro é o noso delito.
Se alguén considera que debe pedir desculpas públicas que o faga e senón alá cada un coa súa conciencia, eu a miña teñoa moi tranquila.
Para rematar dicir que os permisos para o día 29 foron solicitados hai uns dous meses á Xunta enviandoselles toda a documentación requirida, a día de hoxe aínda non recibimos resposta polo cal e tendo en conta que abrimos de novo o plazo de inscrición, se alguén non está disposto a ter que esperar novamente en caso de que non obtiveramos a autorización lle recomendaríamos que esperase a que confirmemos a mesma na páxina que está novamente operativa.
Moitas grazas a todos os que nos mostrastes o voso apoio, comprensión e paciencia.
Juan Carlos Rodríguez Queijas
Responsable Trail Bip Bip Correcamiños