Kurty escribió: |
Onte coñecín outra carreira máis. Felicitar a organización pola labor desenrolada. Unha carreira das que teñen un perfil durísimo, e se a eso lle xuntamos a calor que facía, pois: Un moi mal resultado. A 1ª costa como xa ia avisado dela leveina bastante ben. Pero despois era un sube-baixa constante, polo que nunha das subidas; decidín ralentizar o ritmo nas mesmas. Onte quedeime a entrega de premios, xa que uns colegas meus os gañaron. E creo que houbo un moi mal detalle neste sentido, se non estou equivocado, non houbo trofeo os 3 primeiros da xeral, so houbo por categorías. Polo que os ultimos trofeos en entregar tal como dixo o "speaker" foron para os clasificados na absoluta, cando debería dicir categoría senior, os cales, ningún deles quedou entre os 3 primeiros. Xa que os tres primeiros creo que foron Veteráns A. E agora buscando en Google atopei esto, que refrenda o que eu digo. O que gañou, foi Pedro Traba que fixo un tempo de 31' e algo. www.lavozdegalicia.es/...C14991.htm |