Benito escribió: |
Pois sinceramente, e o digoo con todo o cariño do mundo e xa que hai "debate". Considero, e isto é unha opinión personal, que se está involucionando no deporte. Claro que non hai nada de malo en que seandes miles de triatletas e teñandes unha teconología alucinante, sempre e cuando non se perda a esencia do deporte. Cuando estuven no Ironman de Lanzarote na década dos 90, a proba era tan alucinante que me dedicaba a sacar fotos, tomar notas e aprender como se organizaba aquela carreira. E logo importar as ideas a Galicia e organizar carreiras da mellor calidade posible, que foi sempre a miña aficción. Antes miles de pesetas e logo miles e miles de euros, miles e miles de horas dedicadas a organizar primeiro o Duatlón do Baixo Miño, que chegou a ser Campeonato Ibérico e de España e logo o Triatlo da Amizade. Todo o que conseguimos foi gracias a colaboración de amigos e a xente do pueblo, sempre coa intención de ofrecer o mellor ó participante. O momento memorable foi no ano 2001, unha semana de sol de primavera, pero ocurríusenos comprar 200 mantas por se faían falta, inda temos algunhas guardadas. Pois resulta que as armas as carga o diablo e o domingo da carreira, enriba do valle do Rosal instalonse unha tormenta de agua fría que provocou unha hipotermia brutal na maioría dos participantes e alí estaba un grupo de voluntarios, encabezados pola miña irmán, cunha manta para envolver a cada participante. No salón de plenos do Concello de O Rosal montamos un "hospital de campaña" coa calefacción a tope, 50 masajistas, litros e litros de bebidas quentes, te, leite, café.... E tanto esforzo pola nosa parte, non era posible, nin o pedíamos, que se nos compesara económicamente, porque o que faíamos non se paga con diñeiro. Pero aqueles triatletas que nos chamaban dias despois para algo tan sencillo como para dar as GRACIAS, era unha compensación máis que suficiente ó noso esforzo. Faíamolo porque nos gustaba o deporte e porque, traballábamos desde o cariño e tratábamos ós deportistas como nos gustaría que nos trataran a nos. Cuando económicamente non pudemos aguantar ó Duatlón do Baixo Miño, cerramos o chiringuito, no ano 2002, vendemos a loxística a que ahora é a empresa lider en organizar eventos deportivos en Canarias www.toptimecanarias.com/ e que estaba empezando no mundillo de organizar carreiras e !!COMO CRECEU!! pero é que Pablo Cardona é un currante e supo traballar organizando probas de alta calidad, no como en Galicia que haberá muita teconloxía no material dos triatletas, pero a meu modo de ver, a nivel organizativo, que era a miña pasión, as probas teñen pouca calidade de todo. E no 2004 decidimos organizar o Triatlo da Amizade, sempre tendo como referente a probas como Ironman de Lanzarote e a empresas como Toptime, que de feito colaborou con nos na primeira edición. Tardamos máis de 2 anos en preparar a primeira edición, foi no 2006 e outros 2 anos para organizar a edición do 2008, no 2007 non hubo proba. E ahora todo ese esforzo foise ó traste coa patada no cu que nos deron desde os Concellos e en especial desde a FEGATRI que se quedou co Triatlo da Amizade. E se algo nos sorprendeu foi o silencio dos triatletas, solo un nos enviou unhas palabras de apoio, o resto silencio, non sabemos si siquiera a proba saliu ben ou no...solo pudemos ver 2 fotos. Pois imaxinade como nos podemos sentir e non polo feito de que nos quitaran a carreira senón polo sentimento que temos ahora os organizadores, familia e amigos, sentimos que o noso esforzo foi inútil e que a idea de faer traballos de calidad, inda que a veces preparar unha carreira nos levara 2 anos, pois é algo que non se valora. Pero bueno, ahora despertamos daquel soño de algún día chegar a organizar probas de calidade, visto que non se nos valora muito, por non decir nada, e que siga o "circo". Cada un a sua velocidade e con toda aquela tecnoloxía que considere oportuna, pois que siga correndo carreiras e disfrutando do deporte.Ata sempre. |
pantoja escribió: |
Pues a mi el artículo me parece genial y cuanto mas lo leo mas gracia me hace, la verdad. Prueba de lo bueno que es, es la de ampollas que parece levantar. Yo llevo mi 310xt hasta para mear, medias compresivas, sensor de cadencia y el de potencia a ver si cae estas navidades. Creo que hay una cosa importante, que es aprender a saber reirse de uno mismo. Esa es mi conclusion principal de ese relato. Al final va a ser cierto y tanto macarrón nos sienta mal Que nadie se ofenda por favor, que no es esa mi intencion El blog, ni lo sigo, ni lo leo, ni me interesa. Me da igual. Pero lo del flipatleta me parece muy gracioso y creo que refleja muy bien el actual boom de este deporte. Nos perdemos en materiales, precios y en tener la ultima tecnología y se pierden los valores importantes del deporte; como son el superarse con el esfuerzo, la humildad, el respeto al rival y a los mayores y el compañerismo. Para mi, aunque os suene raro, de todo eso habla este artículo. Os puede parecer tan raro como lo raro que me puede parecer a mi el hecho de que alguien se ofenda con lo del flipatleta. |
Benito escribió: |
Creo que te equivocas no teu comentario Dani. Todo o mundo quere que se practique cuanto máis deporte mellor e que os deportes minoritarios se convirtan en deportes de masa. Na miña época participei en probas que xa daquela tiñan muitos participantes, miles, e que un ano tras outro íbamos porque nos gustaba o ambiente que se respiraba, como por exemplo a carreira popular de Santiago de Compostela ou a Andar e Correr de Baiona. Eu prefiero quedar o 5.000 nunha proba de 20.000 e 1º nunha proba de 5, se pensara o contrario non podería pensar que me considero un deportista. E se un se mete a organizador é porque ama ó deporte e se no mismo día se organiza unha proba para os pequenos, como faíamos no Triatlo da Amizade é para promocionar o deporte. Outra das peleas era que nos deixaran dar charlas nos colegios, sin cobrar un duro, eu ofrecinme hasta a saciedad nos concellos donde organizamos probas e nunca nos deixaron. Iso é o que lle importa o deporte ós políticos. Así que un organizador, se de verdá o é, pelea para que as probas crezan e se popularicen os deportes. Así que non me malinterpretes e quedoume unha cousa antes por decir, inda que posiblemente, como tu ben dices, non perteneza a este post. Muitos triatletas gastan un montón de pasta na sua aficción e logo doeme escoitar comentarios sobre que os precios das inscripcións son caros. Os organizadores, no meu caso ex-organizador, porque non vamos a organizar nada máis, somos os grandes ignorados, os que todo Dios pasa deles e os que máis caña levamos,aguantando chaparróns e broncas de federacións, concellos, críticas dos participantes e os patrocinadores, cuando os hai. E cuando pomos as cartas enriba da mesa, polo menos no noso caso, pois patada no cu. Pola miña parte non hai ningún tipo de enfado, o que aprendín organizando carreiras, desde fai uns anos aprovéitano empresas como Unipublic, que nos contratan para a organización da Vuelta Ciclista a España e outras empresas que de forma puntual nos chaman para os seus eventos, digamos que traballo de "mercenario" para outros. Oxalá os que colleron ahora o Triatlo da Amizade sean capaces de faelo crecer e convertilo en algo interesante, que iba máis alá dunha proba deportiva e os que practiquendes deporte, cuidar ós organizadores de probas, sobre todo ós independientes que lle plantan cara a aqueles que pretenden monopolizar o deporte, refírome as federacións, e morren coas botas postas. Muita sorte a tod@s e como decían nunha popular serie, Canción Triste de Hill Street ..Chic@s tened mucho cuidado ahí afuera. |
lihto escribió: | ||
jajaja,muy bueno.......... |