Foros ›
Autor
Mensaxe
lois_lariño

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/12
2 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2013, 10:34
Asunto: I Cross Lariño (Carnota)

Data: domingo, 20 de outubro de 2013.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: Lariño (Carnota)
Distancia: de 100 a 11.000 m.
Organiza: AA.VV. INSUA, Lariño.
Inscrición: en breve máis información a través do calendario da web www.correrengalicia.org
belga

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
11 Carreiras
61 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2013, 11:52
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Moi boa pinta
DAntilles

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/04/11
46 Carreiras
234 Mensaxes
Ribeira
Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2013, 14:28
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

..."Éramos pocos y parió la abuela"

É coña eh!! Angel canta + oferta de carreiras mellor!! Aplauso

Se mo permitides, a modo de suxerencia... Pensando
Pensáchedes na posibilidade do sábado 19 pola tarde??

(ao mellor estoume metendo onde non me chaman) Silbar
bazamuros

Novo foreiro
Novo foreiro
13/09/12
23 Carreiras
13 Mensaxes
LIRA
Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 5:45
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

se todo vai ben alí estarei.
monchodepelejrino

Montañés
Montañés
11/09/08
0 Carreiras
285 Mensaxes
Muros-Brion
Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 9:15
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Se tendes posibilidade de cambialo para outro dia eu acosenllariavolo...coincide con tres probas de moita participacion no mesmo dia e no mesmo horario...Vigo, MM Pontevedra e posiblemente Bertamirans, co cal vos vai restar moitos corredores...Sendo como é unha proba nova estaria ben darlle a oportunidade de conseguir un boa participacion.

Saudos;
JOSON

Novo foreiro
Novo foreiro
28/10/12
12 Carreiras
14 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 10:18
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Información??, boa idea!! Moi feliz
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 12:17
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

A min gustariame ir pero coincidindo con Bertamirans non podo ir,eu tamen vos aconsello cambialo se podedes e aqui tedes 3 participantes.
lois_lariño

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/12
2 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 12:33
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Boas a tod@s, despois de ver as recomendacións aportadas no foro decidimos cambiar a data. Gracias

AHORA QUERO VERVOS A TOD@S POR ALI Guiño


APERTAS!!!!!
lois_lariño

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/12
2 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 12:34
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

I Cross de Lariño (Carnota)

Data: Sábado, 19 de outubro de 2013.
Hora: a partires das 15:00 h.
Lugar: Casa da Cultura. Lariño (Carnota)
Distancia: de 100 a 11.000 m.
Organiza: AA.VV. INSUA
Inscrición: ata o mércores 16 de outubro as 14h. Ver punto 4 do regulamento.




REGULAMENTO

1º. A proba de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA DA CASA DA CULTURA. As probas de infantís-cadetes e xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto sinalado pola organización (o circuito é mixto: terra-asfalto).

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. A clasificación será por categorías.

4°. As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico AAVVINSUA @ gmail.com, ate ás 14:00 horas do mércores día 16 de outbro do 2013. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento(en ningún caso se inscribirá ningún corredor que omita este dato), sexo, localidade, clube (se procede) e teléfono de contacto. Aínda que se admitirán inscricións ata media hora antes de cada carreira para aqueles participantes que non poideran facelo antes, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.

5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización. Os corredores que cheguen á meta sen o seu dorsal serán automaticamente descalificados.

7°- A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.

8°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

9°- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular admitiranse reclamacións, pero espérase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.

10°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.

11° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

12°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha das categorías.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.

14º. E de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de medallas na categoría individual por parte do atleta premiado. En caso contrario o atleta non recibirá as medallas ou trofeos.

RETIRADA DE DORSAIS
- Na mesa de control da organización situada na CASA DA CULTURA ata media hora antes de cada carreira.

CATEGORÍAS E HORARIOS
Pitufos 2009 e seguintes 16:40 h 100 metros
Prebenxamíns 2006-2008 16:45 h. 300 metros
Benxamíns 2004-2005 15:15 h. 1.000 metros
Alevíns 2002-2003 15:30 h. 1.000 metros
Infantís 2000-2001 16:00 h. 3.000 metros
Cadetes 1998-1999 16:00 h. 3.000 metros
Xuvenil/Xunior 1994-1997 16:30 h. 11.000 metros
Promesa/Senior 1979-1993 16:30 h. 11.000 metros
Veteranos 1968 ao 1978 16:30 h. 11.000 metros
Superveteranos 1967 e anteriores 16:30 h. 11.000 metros
XABOU

Maratoniano
Maratoniano
19/01/11
389 Carreiras
405 Mensaxes
CARNOTA
Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 15:58
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

esto si que e atender a xente do foro!!!....catro recomendacions, cambiase a data e punto...a ver se os da federacion aprenden desto.

os "Praia de Carnota runners" non podemos faltar nunha proba no noso concello.
DAntilles

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/04/11
46 Carreiras
234 Mensaxes
Ribeira
Respostar citando Envío Mér, 25 Set 2013, 16:50
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

lois_lariño escribió:
Boas a tod@s, despois de ver as recomendacións aportadas no foro decidimos cambiar a data. Gracias


Aplauso Aplauso
belga

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
11 Carreiras
61 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2013, 8:32
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Apuntado, jeje
lois_lariño

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/12
2 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2013, 8:51
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Facede fame durante a carreira... na liña de meta estarannos esperando unhas EMPANADAS DO UHÍA!!!!!!
Joselariño

Novo foreiro
Novo foreiro
30/12/12
5 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2013, 13:30
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

En breve colgarase ruta e perfil da carreira.
OPion

Montañés
Montañés
10/03/13
0 Carreiras
181 Mensaxes
Lariño
Respostar citando Envío Sáb, 28 Set 2013, 6:58
Asunto: Re: I Cross Lariño (Carnota)

Que ganas de ver el recorrido final. Hice una veintena de recorridos distintos por esta zona (ventaja de ser natural de Lariño :-D). Dependiendo del recorrido, vistas de la playa de Carnota (200-300m D+), vistas de la playa de Lariño (200-300m D+). De llegar a 300-400m D+ ya se puede contemplar todo lo anterior y además la ría de Muros y Monte Louro.

Praia de Carnota Runners está en Facebook & Twitter





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos