Dom, 29 Set 2013, 19:17
Asunto: Re: XVI Carreira Popular de Santa Uxía.
Hoxe participei por enésima vez na carreira de Riveira, e con diferencia, foi a peor dos últimos anos en canto a detalles da organización.Como ben di "correro", paréceme un despropósito e unha falta de organización enorme así como un desprecio ás carreiras escolares que teñan aos nenos/as esperando casi 30 minutos entre carreiras(menos mal que non chegou a desgargar a chuvia que ameazaba!!)...
Outro aspecto inconcebible, é que pagues 5€8non é unha fortuna), pero ao mellor hai persoas que si lles pode costar máis ca outras telos que pagar, e que non haxa unha mísera camiseta(nin de algodón!!)...nin unha medalla(50céntimos de €uro custa unha)..nin nada, só auga e aquarius(cedida por coca-cola), e uns anaquiños de laranxa....moito hai que mellorar nesta carreira en próximas edicións para conseguir máis participación(escasa este ano,só remataron a carreira pouco máis de 190 corredores/as)...ambiente desanxelado polo circuito(é o único que se salva da carreira)....
En definitiva, si para o vindeiro ano volve ser como este, non volvo!!!...e ,me temo que máis xente o fará....