Mér, 02 Out 2013, 11:09
Asunto: Re: XXXI Carreira Pedestre da Amaia, Brión
Bos dias!
Intentaremos aclarar todas as dúbidas...
APARCAMENTO: Como xa se dixo por aquí, habilitase un leira/parquin moi cerquiña da saía, co cal non haberá problema de sitio para estacionar.
CIRCUITO: O circuito para este ano 2013 será igual que o do ano pasado. O que está na web non está ben de todo, aínda así varía moi pouco... Simplemente se elimina a primeira subida (Cementerio) para desviar aos corredores por unha pista (habitual de todos os anos) enfronte da Capela de Santa Minia onde comeza a temida subida de Quintans (20%) para logo continuar un sube/baixa polo circuito habitual de todos os anos. Logo do avitullamento liquido, comeza a última parte do circuito que, ainda que non ten unha subida moi pronunciada, pica sempre cara arriba ata a liña de meta.
CRONOMETAXE: Debido aos recurtes orzamentarios, o sistema de cronometraxe será "CASEIRO". Esto é: farase como en edicións anteriores co sistema de códigos de barras nos dorsais e un lector na liña de meta. Sabemos que non é unha solución profesional de todo (e seguramente o cronometraxe non será todo o exacto que sería si o fixera unha empresa especializada) pero apostamos por seguir ofrecendo 2 AVITUALLAMENTOS e agasallando con unha CAMISETA TÉCNICA a todolos participantes antes que gastar todo o orzamento da Carreira nunha empresa de cronometaxe externa.
DUCHAS: As duchas estarán habilitadas no pabillón municipal, ao lado do colexio e o instituto, a uns 800 m da Carballeira de Santa Minia lugar da saída/chegada.
INSCRICIÓNS NA WEB DA PROBA: carreirapedestredaamai...ot.com.es/
PARA MAIS INFORMACIÓN: concellodebrion @ gmail.com
A ORGANIZACIÓN