Ven, 04 Out 2013, 19:25
Asunto: Re: Carreiras populares para... ¿populares?
Eu son un corredor da metade cara a diante, adestro o que me permiten as obrigas familiares, as lesións e as gañas ou obxetivos que me marque.
E disfruto como o que máis, cando corría por debaixo de 4' e agora que ando a 4'20", pero hai un mes ia a 4'40" i era o home máis feliz volvendo a ir as carreiras.
Eu creo que a parte de carreiras populares, son
competicións, por algo dan premios en metálico ou ben trofeos, se hai xente a que non lle gusta competir, pois moi ben que vaian o seu ritmo ou por debaixo del.
Pero de ahi, como estou vendo nalgúns a criticar os que adestran para millorar marca, conquerir un premio, ou dicir que con X marca son uns matados, paréceme un pouco ou un moito de mala uva ou envexa.
E se lle damos a volta a tortilla e dicimos que tamén se apunta moita xente a carreiras , a cal non está preparada e ten que acabar andando ou sufrindo coma un can a uns ritmos de paso lixeiro máis que correr.
Eso non se pode dicir,
por que non é politicamente correcto e pecaría de prepotente, sobrado e non sei que máis.
Cada un que vaia o ritmo que poda ou que queira e disfrutemos das carreiras
PD.: Admin. estaba aburrido e quixo darlle brasa o asunto.