Xov, 26 Set 2013, 14:41
Asunto: I Subida a San Miguel de Oia (17/11/13)
Hola a tod@s.
A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar na I- SUBIDA A SAN MIGUEL DE OIA, que se celebrará o
Modificacion de data 17 de Novembro de 2013 a partires das 11:30 da mañá dende a entrada da ponte da Illa de Toralla ata o Parque Forestal de San Miguel de Oia- Vigo.
A participación e de carácter popular e está aberta a atletas federados ou non federados.
Celebrarase una soa carreira que consta de 4.350 metros, cun desnivel de 230 metros. Aquí tedes este enlace co percorrido da proba e o desnivel.
es.wikiloc.com/wikiloc...id=5291884
Haberá as seguintes categorías:
CATEGORIA ANO
Xuvenil/Júnior 1994 a 1997
Absoluta:
-A 1978 a 1993
-B 1970 a 1977
-C 1960 a 1969
-D 1952 a 1959
-E 1946 a 1951
-F 1945 e anteriores
Levarán trofeo os tres primeiros de cada unha tanto masculino como feminino.
As inscricións xa están abertas na páxina web
www.cronotec.es e tamén na cafetería DeNani, Av. cesáreo Vázquez 117 en San Miguel de Oia.
O prezo por atleta será de 4 euros para os Xuvenil e Júnior e 7 euros para resto.
Os que fagan a inscrición por internet terán que facer o pago da mesma en Novagalica Banco no número de conta 2080-5097-34-3040008941 facendo constar nome e apelidos, concepto: Carreira San Miguel de Oia.
Os dorsais serán facilitados pola organización o Sábado dia 26 en horario de 17:00 a 20:00 h. na Taperia-Bar Mirambel, Canido 125 e o mesmo día da proba a partires das 10:00 h. no mesmo lugar da saída.
Áinda estamos ultimando detalles para que todo saia ben, así que xa vos iremos informando.
Esperemos que vos guste.
Un saudo.