Mér, 11 Abr 2007, 11:50
Asunto: delegado da FG Atletismo en Santiago
Recollo noticia da páxina da FGA:
"O Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos nomeou a
Iván Sanmartín Delegado federativo en Santiago. O novo directivo é un home moi vencellado ao mundo do deporte, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, atleta e xuíz de atletismo."
Como a maioría sabedes este señor non é máis que o noso
Derek, doulle a enhoraboa dende aquí. Estou seguro que Iván fara unha labor importante nunha delegación un tanto deslabazada, e o novo delegado coñece moi ben o
mundo dos Populares e seguro que estarán na súa cabeza cando teña algo que decidir. A verdade é que eu algo desto xa sabía, pero alegrome moito pola súa materialización. Ãnimo
Derek, creo que sempre fuches a mellor opción, e non dubido de que todo vai ir moi ben.