Lun, 14 Out 2013, 7:04
Asunto: Re: XVIII Medio Maratón de Pontevedra
BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO MEDIO MARATÓN SERVIOCIO PONTEVEDRA 2013
OBXECTIVO
O concurso fotográfico Medio Maratón Serviocio Pontevedra 2013 está dirixido a todas as persoas de calquera idade que estiveran presentes en Pontevedra durante os traballos de montaxe/desmontaxe da proba, ou da celebración deportiva propiamente dita.
TEMÁTICA
O Medio Maratón Serviocio Pontevedra 2013 en todas e cada unha das súas facetas.
COMO PARTICIPAR
Cada participante só poderá enviar un correo-e e seguindo o seguinte procedemento:
- Enviar un só correo-e ao enderezo cfmmp @ pontevedra.eu antes do 31 de outubro de 2013, por cada autor/a.
- Xuntar no correo-e un máximo de 2 fotografías dixitais por autor/a, en arquivos JPG, cunha calidade máxima de 3 megas por arquivo. O nome de cada arquivo ten que ser só o título da fotografía.
- No “asunto” do correo-e debedes de facer constar “Concurso de fotos do MMP 2013”.
- No “corpo” do correo-e debes de poñer o nome e apelidos do autor/a, correo-e e teléfono de contacto, así como o nome de cada arquivo xunto no correo-e e a descrición da situación fotográfica (de ser necesario).
O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, ao recibir os correos-e, quedarase cos datos do/a autor/a e lles asignará un número que descoñecerán os membros do xurado.
CONDICIÓNS TÉCNICAS
As imaxes presentaranse a cor ou en branco e negro, admitíndose formatos cuadrados e panorámicos. Permítese o retoque global o parcial das fotografías incluindo calquer técnica fotográfica.
Habilitarase unha web para que todas as persoas podan visualizar as fotografías de todos os/as participantes.
DEREITOS DE AUTOR/A E DE REPRODUCCIÓN:
Cada participante manifesta e garante, que é o único titular dos dereitos de autor sobre cada fotografía que presenta ao concurso e se responsabiliza totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas.
O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra poderá facer uso das fotos dos tres gañadores/as, sempre informando aos autores/as e aparecendo os seus nomes reflectidos, durante un período dun ano dende o anuncio dos gañadores/as.
PREMIOS
Haberá un primeiro premio de 100 € en material de fotografía, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €. O xurado poderá deixar deserto un ou varios dos premios. Unha mesma persoa premiada non poderá recibir dous premios. Todos os premios son unha achega da Area Comercial Zona Monumental de Pontevedra.
CRITERIOS DO XURADO
- Valorará o contido e a calidade das fotografías (aspectos técnicos, artísticos e estéticos).
- A organización se reserva o dereito de investigar a autenticidade das fotografías.
- Non se aceptarán as que non sexan do Medio Maratón Serviocio Pontevedra 2013.
ACEPTACIÓN
A aceptación do concurso supón a aprobación de todas e cada unha das bases do mesmo e do fallo inapelable do xurado. A organización toma a plena liberdade en descatalogar aquelas fotos que non se axusten a o tema e está autorizada para resolver calquera dúbida que poda xurdir e non estivera recollida neste regulamento.
COMPOSICIÓN DO XURADO
Estará formado por catro membros do Grupo Fotográfico de Pontevedra e actuará como secretario o director do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, ou persoal en quen delegue.
CÓDIGO ÉTICO
O Xurado poderá excluír do concurso, calquera das fotografías, ou comentarios que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a seguridade pública ou que, ao seu xuizo, non resultaran axeitados para a súa difusión.