Dom, 13 Out 2013, 14:25
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)
Bueno, pois esta era a primeira vez que acudíamos e pudemos comprobar que todo o bo que falaban desta proba era tal cual... e aínda mellor!!
Resulta sorprendente como unha organización aproveita os, a priori, limitados resursos cos que conta para artellar unha gran carreira. Nun pobo situado nunha abrupta ladeira, sin posibilidade de facer un recorrido "llaniño"; que non se adecuaría para facer unha carreira "das de facer marca", se marcan o "máis difícil todavía", e montan un circuito de tres voltas (8 km) cunhas costiñas que quitan o hipo. Deste xeito consiguen que a "pinga-pinga" teña un carácter peculiar, personal.
Estupenda idea, tamén, a de facer pasar cada volta polo campo de fútbol, de xeito que o público, en todo momento, está vendo pasar corredores, e si son familiares, pois poden ver ó seu atleta, hasta 4 veces. A xente que acompañou ó noso grupo foi unha das cousas que máis salientou...xa que o normal é que vexas ós corredores na saída e na meta. Aparte de estar comodamente sentado nas gradas!
Aproveitada tamén a carpa de festa da sidra, para facer unha cómoda entrega de dorsales, unha solemne entrega de trofeos así como o homenaxe ó Comesaña (particularmente agradable ver á grandísima Estela Estevez)
No outro lado da balanza situar que o feito de ter un sitio tan agradable para seguir a carreira facía que o resto do circuito estuvera un pouco "soseiro", con pouca xente (pero animosa, eso sí. Non se me quita da cabeza un copón de gin-tónic ó lado da casa de cultura
) pero claro, é o peaxe que hai que pagar.
Tamén mellorable sería o tema eléctrico, pero xa se sabe que cando hai conexións dos diversos aparatos das festas, ás instalacións dos campos de futbol e similares, con instalacións ás veces non preparadas para asumir semellante potencia, pois ocurren estas situacións.
Tamén, falar do tema das medallas para os pequechos: algunhas organizacións, coa súa mellor vontade, deixan anotarse ós pequeniños o día da carreira, favorecendo a participación, pero tendo o risco de que as asistencias de última hora, superen o número de medallas que mercaron. É un risco que ás veces non sale ben... e hai que entendelo. Como di o dito: unhas veces se gaña e outras se perde. No meu caso, cun pequecho de dous anos, que se apunta a un bombardeo, sempre lle levamos unha medalla na mochila, por si ocurre esta situación. Nesta, nin fixo falta poñerlla porque nin chistou e quedou igual de contento.
En fin, "pinguiñas", que noraboa polo traballo feito...!!!