Mar, 22 Out 2013, 10:40
Asunto: Re: Desertores del Crono
Boas Desertores!!!
Eu como hai tempo que non escribo nada, actualizo un pouco as últimas carreiras.
A carreira de Lestrove estivo moi ben, quedei contento co meu resultado , tendo en conta que quedei xusto detrás de Yolanda Gutierrez, pois coido que me saiu unha boa careira. O día seguinte, fun á carreira de Sada. Empecei moi ben, ata o km 6 fun cas dúas primeiras mulleres, pero ó chegar a ese km, resentinme da cansazo da carreira de Lestrove, e descolgueime do grupiño, pero quedei satisfeito ca miña actuación.
Esta fin de semana, fun o medio maratón de Pontevedra. Quedei moi contento co tempo, baixei, por 9 segundos, da 1h e 20min. Polo que, se conservan o do caixón preferente pros tempos de menos de 1h 20min, teño caixón preferente pras dúas seguintes edicións desta carreira.
Esta fin de semana, coma a gran maioría, vou á Santiago. Gustaríame ir á carreira de Padrón do sábado, pero quero dalo todo en Santiago, e sei que se vou á Padrón non o vou poder facer. E que se fose á Padrón, iría ó máximo, e que non son capaz de facer unha careira tranquilo, e iría á Santiago medio canso. Agora, espero posicionarme ben na saída, o ano pasado púxenme mal, e perdín moito tempo en recupera-los postos.
Unha cousa pra bacatola, pensa que é imposible estar ó máximo nivel todo o ano. Xa se di, que durante o ano imos tendo picos de estado de forma. Ti segue adestrando, e se ves que as pernas están algo cargadas, descansa uns días, e xa verás como, con paciencia, volverán os bos resultados.
E noraboa pra Hadroq, estás mellorando a pasos axigantados, ves vacatola!! Hadroq non desistiu, e vai vendo os resultados. Hadroq, dentro de pouco vas coller a meu irmán!!!.
Veña, ánimo á todos pra Santiago.
Vamos Desertores, a pola primeira!!!
bboimorto.net63.net/
Agardo o mellor, e adestro pro peor.
Última edición por secaiv o Xov, 03 Xul 2014, 10:34; editado 1 vez