Mar, 22 Out 2013, 4:27
Asunto: Re: Precio de las carreras: Pedestre de Santiago 2013
Conclusións despois da desfeita:
1.Grupo El Correo Gallego, fora da Carreira Pedestre, este ano ten que ser o último do voso patrocinio porque conseguíchedes que unha porcentaxe de nenos non vaian á Pedestre e porque como sigades así para o sno que vén os adultos a 15 € e os nenos a 5 €, e ademáis xa o "estou vendo".
2.Concello de Santiago, Xunta e Diputación e patrocinadores que se fagan cargo da carreira e que volva a ser de valde para os cativos. Anque haxa un desfase na participaciónde nenos ten que ser previsible estatísticamente.
3.Ós nenos non lle podemos cobrar na Pedestre de Santiago porque non é unha carreira, é encher as rúas de Santiago de futuros corredores, e esta pode ser a súa prineira carreira.
4.Dacordo que non todo ten que ser gratis pero tampouco é razoable "pagar por todo" e menos que paguen os nenos por un evento desta envergadura.
5.Hai que gastar os euros con máis sentidiño e priorizar eventos deportivos desta categoría, que a Carreira entre no presuposto do concello de Santiago.
Pero o máis inmediato é que o Correo Galego abandone a organización da carreira, unha vez máis, ó igual que cando foi o afundimento do Prestige, están vendidos ó CAPITAL.
Polo demáis saudiños atletas.
Noraboa non por gañar senón por ter a coraxe de sair a correr.