Ven, 25 Out 2013, 8:14
Asunto: Re: 36º Carreira Pedestre Popular de Santiago
Con respecto ao gardarroupa, xa estou tranquilo pois acabo de chamar á redacción do xornal que organiza a carreira e, tras poñerme cos que levan o tema, confirmáronme que, como anos anteriores, poderemos deixar as nosas pertenzas nos propios pavillóns onde están habilitadas as duchas.
Ao final cunha simple chamada xa está todo resolto, pero tamén é certo que xa tiña enviado varios e-mails e non obtivera resposta algunha...
mac-ray escribió: |
Algunos quereis todos los servicios y comodidades o me enfado.
Yo voy a un montón de carreras en moto, y dejo siempre la mochila en cualquier sitio, la propia organización te deja guardarlo en una carpa, un bar donde te tomes un café, estaciones de tren, buses, incluso en un supermercado te dejan utilizar una taquilla, un poquito de imaginación por amor de dios !
Lo cual no quita que la organización bien podría poner una consigna. |
Non se trata de querer todos os servizos e senón enfadámosnos, estamos falando dun servizo que é básico, tampouco é unha comodidade doutro mundo. O de gardalo nunha carpa: a iso me refería, tampouco pido unha taquilla blindada... O de deixar a mochila nun bar... Eu vou de fóra de Santiago e traio cousas que alguén dun bar non se ten porque responsabilizar delas, por moitos cafés que lle teña consumido! hahaha
E que pasa se todos os participantes se dedican a deixar mochilas nos bares?
Non se trata de imaxinación, se por iso fora, incluso poderíamos correr coas mochilas ás costas, sería moi imaxinativo tamén...