Mér, 30 Out 2013, 18:40
Asunto: Re: Vegetarianos y anemias
Arixon, non tes que dubidar de si respostar ou non, que penso que polo de agora ninguén faltou o respeto, o único que ti diches a entender que non coñecemos certos temas.
Simplemente como ben che apuntaron temos opinións e creencias distintas.
Eu non vou poñer aqui nomes de empresas, nin de persoas, nin vou ir a denunciar a unha comisaria, pero a día de hoxe utilízanse hormonas para tratar o gando, e moitas delas para detectales en controis suporía un custo que a administración a día de hoxe non se pode ou quere permitir.
Podería poñerche un montón de enlaces con info ao respecto, ou prestarche algún libro con información detallada, e o máis importante, contrastada.
De feito non temos que ir aos animais, acaso non está máis que comprobado e demostrado que nos mesmos consumimos medicamentos que non cumpren as normas nin os períodos de tempo nin probas esixidos polas normativas? si amigo, poderoso caballero es don dinero, o máis recente o famoso myolastan.
Recoméndoche o libro, Traficantes de salud, datos obxetivos sen máis.
Eu teño un amigo intimo que ten unha granxa de porcos, sei que tipo de piensos toman e a movilidade que teñen, non o vexo denunciable, pero a carne de porco que ven para a miña casa criase de outra forma.
Teño un primo que traballa nunha granxa de vacas, sei que producen moitísima máis leite que por exemplo as vacas da casa grande de Xanceda, esta si a nomeo porque na miña opinión son totalmente ecolóxicos.
E por eses lares podes ir un día ti mesmo a unha piscifactoría, e non tes moito máis que entablar conversa amigable con algún traballador para preguntar si lle dan moitos ou poucos antibióticos e cales son os fines de administrarllos.
Eu nunca intento que ninguén cambie de opinión sobre estas cousas, pero como todo nesta vida e bo coñecer o máximo posible e logo si poder opinar con coñecemento e xa cada un decide.
Eu no meu caso fun visitar dúas granxas que envían o seu leite a Feiraco, e despois de ver as diferencias prefiro consumir a leite Unicla que Campo Nuestro, por poñerche un exemplo.
Según o que dis do magnesio volvo a asegurarche que te equivocas, no meu equipo de atletismo corre moitas carreiras nas que llo podes preguntar unha persoa encargada do mantemento dos xardins dunha importante cidade , ela misma pode explicarche para que lle aumentan a cantidade de magnesio aos abonos para o cespede en certas épocas do ano, para que medren máis lentos! Evidentemente máis lentos pero máis nutridos. E non a todolos vexetais lles afecta en igual medida a falta de magnesio.
Unha cousa é un cereal e outra unha pataca.
Perdón a todos por desviarnos do tema.
Eu penso que si se pode precindir da carne e ter un rendemento óptimo, pero cada caso é particular, a unhas persoas pode irlles mellor que a outras, o igual que o consumo de lácteos ou de trigo por exemplo.
Pero semillas como a chia ou o sésamo son fontes de nutrintes moi pouco utilizadas.
Estáseme facendo a boca auga pensando no chuletón que me vou papar esta noite.
Saudos e boa nutrición, sexa con carne ou vexetais