Sáb, 14 Abr 2007, 1:42
Asunto:
buff... pois eu, a falta de
9 días para a gran cita, teño sensacións moi dispares... a según o día, e mesmo a según o momento do día...
teño ratos de pensar que o simple feito de correr
42 kms. seguidos é unha loucura (e iso que non é a miña primeira vez...), que aínda é máis loucura tentar atacar as
3 horas, que algo vai sair mal...
pero tamén teño momentos (os máis, afortunadamente...) nos que me sinto moi optimista, moi forte, moi seguro de min mesmo... sobre todo cando remato de adestrar...
o certo é que creo que fixen unha moi boa planificación, sempre en progresión desde
febreiro, sen lesións (toco madeira...

), sen malas rachas que me impedisen adestrar como eu quixera, con moi pouquiños días malos... penso que é a maratón que mellor levo preparada de todas as que levo feito, e iso fai que teña xa moitas ansias de que chegue o gran día...
os meus obxectivos, por orde de importancia son...
1º. disfrutar correndo... iso, por enriba de todo, que xa bastante "perras" as pasa un adestrando durante 3 meses, con chuvia, frío, calor, desánimo... lembrade que o máis duro da maratón é preparala día a día, moito máis que correla... e iso tennos que animar moito a todos... o peor xa está feito!!!
2º. rematar... aínda que aspire a algo máis, téñolle o suficiente respeto á distancia como para ser cauto e saber que este ten que ser o seguinte en orde de importancia, pois non facelo, polo motivo que sexa, suporía unha gran desilusión.
3º. atacar as 3 hs. ... polo que dixen antes de que nunca me vira tan fino nin tan confiado na semana previa a unha maratón, e porque penso que as teño nas pernas... e iso hai que tentar aproveitalo, non? Teño claro que tampouco me vou obsesionar, que non me vai quitar o sono non facer marca na que din ser a maratón en ruta máis dura de España, e que calquera problema, por pequeno e/ou inesperado que sexa, pode dar ao traste con todo... pero quero intentalo... se sae, guay, e se non, pois non pasa nada, outra vez será...
hoxe (bueno, onte xa...) tocou a última sesión de series (8 x milla, con rec de 2'), mañá descanso, e o domingo
Vig-bay, que será a miña última rodaxe longa...
saúdos e ánimos a todos... en especial a
maroliña... xa verás como cando vexas a 15000 almas en Recoletos che volven as ganas de correr...
sexo, zume de melocoton & rock'n roll