anarky escribió: |
Aquí vos deixo a crónica da carreira, menos emotiva que outras veces pero espero que pasedes un rato tan agradable lándoa como eu mentres a escribía: Despois de completar a preparación máis curta, pero tamén máis intensa para unha maratón, ía confiado en realizar unha gran carreira en Porto pero coas lóxicas dudas que sempre nos xurden antes dunha gran cita como esta. Viaxe compricado o venres pola tarde ata Porto por mor da intensa choiva e vento que azotaba o sur de Galicia e norte de Portugal. Primeira toma de contacto coa cidade e coa súa gastronomía (esa francesinha con superbock) e a descansar logo dun día duro. O sábado comezou a contrapé, despois de dar varias voltas baixo unha intensa choiva, por fin conseguín chegar ao edificio onde se celebraba a expomaratona e onde se recollían os dorsais. Tras facer unha pequena cola, a xente da organización --chea de amabilidade-- proporcionoume o dorsal/chip, unha camiseta, ticket para a pasta party, ... Aproveitei que quedaba un rato para comer para visitar a expomaratona --puiden comprobar que era con diferencia a mellor das que vin ata o de agora, Coruña e Donosti (onde directamente non había)-- e para sacar algunhas fotos do río Douro e da outra beira do río. Plato de pasta e pouco máis na pasta party e listos para visitar os encantos da cidade pola tarde, sempre baixo unha constante choiva. Foron varias horas andando pero tiña tempo de sobra a descansar unha vez anoitecera. Despois de reposar un ratiño na habitación, fomos cear pronto aproveitando que tiñamos varios italianos preto do hotel --curiosamente ubicado na zona de marcha de Porto--. Outra plato de pasta e para a cama que ao día seguinte tocaba madrugar. Desperteime sobre as 7:00 a.m. despois de pasar unha moi boa noite na que descansei adecuadamente, zafándome dos nervios que normalmente nos atenazan a noite antes dunha maratón. Almorzo habitual, nada especial nin demasiada cantidade, e ducha quentiña para despexarse. Volta para a cama a descansar uns minutos --nos que sempre aproveito para mentalizarme-- antes de comezar a preparar as cousas e activar os bioritmos. Rutina habitual de vestirme, preparar a mochila coas cousas para despois da carreira e acordarme dos xeles, vaselina e demais preparativos que, prácticamente, os executa a mente de forma automática. Saio do hostal co mapa na man pq non tiña moi claro como chegar á saída pero, nada máis saír pola porta, xa vexo un grupo de corredores aos que decido seguir. Vou algo axustado de tempo pq aínda non sei onde se deixa a mochila e sen moito marxe para quentar aínda que, esto último, non me preocupa demasiado nunha carreira tan longa. Finalmente, chego á zona de saída e predispoñome a deixar a mochila. Primeiro contratempo, din que non podo deixar mochila, que ten que ser a bolsa transparente por motivos de seguridade. Fanme esperar un rato pero finalmente todo se soluciona e cóllenme a mochila para levala á zona de meta. Respiro aliviado e comezo a trotar. Quedan apenas 10 min, vexo que todo o mundo xa está colocado tras o arco de saída así que busco algunha forma de entrar na zona vallada para corredores. Non atopo por onde colarme e voume para atrás de todo, pero enseguida me dou conta de que estou na saída da family race, bufff. Comezo a facerme camiño entre a xente ata que cruzo a cinta de saída da family race, accedendo a zona correcta e disposta para a maratona. Xa non queda moito tempo así que me quedo atrás de todo, non me preocupa demasiado, se hai forzas quedan máis de 3h e 42 kms para progresar. Localizo ao fondo o globo de 4h, o de 3h45, o de 3h30 e o de 3h15 e penso para min que teño que ser capaz de alcanzar este último. Quedan poucos minutos para comezar e disfruto do fermoso e espectacular ambiente da maratona. Aínda agora se me poñen os pelos de punta e me recorre un escalofrío cando o recordo. Miro ao ceo, emociónome pero deseguida me volvo a concentrar e a disfrutar desas risas nerviosas dos participantes que me rodean --encántame esa sensación de respecto que impón a maratón e que fai que todo o mundo intente disimular a tensión e se escoiten esas risas nerviosas que non enganan a ninguén, xD-- e dos aplausos que a xente acompasa para aliviar a tensión do momento. Atisbo ao lonxe como a marea humana comeza a moverse e xa me olvido de todo e só penso en comezar a correr. Ata que pasamos a liña de saída avanzo andando pero, xusto ao pasar por ela, coma se un resorte saltara dentro de min, comezo a correr, primeiro despacio pero pouco a pouco collendo ritmo. O primeiro km pica cara arriba, vou despacio pero enseguida adianto aos globos de 4h e 3h45. Vexo ao lonxe a BAT e acelero un pouco para collelo e intercambiar unhas breves pero alentadoras palabras de ánimo e sigo co meu lento progresar. No km 2 --en baixada é rapidísimo-- supero ao globo de 3h30 e vexo na distancia o seguinte obxetivo. Está lonxe, como 1 min por diante pero sei que non debo cebarme, que teño moito tempo para darlle alcance, que simplemente o debo usar de referencia. Nese momento, manteño un desos debates interiores en carreira que tanta gracia me fan despois ao recordalos. Penso por un lado que o mellor é ir a un ritmo entorno a 4:30 min/km pero, como se dunha persoa bipolar se tratara, nese mesmo instante me desdigo e penso que é mellor seguir a ese ritmo alegre, entorno a 4:20 min/km pq este tramo é favorable e na última parte --menos favorable-- non vou poder manter ese ritmo. Así que decido arriscar (un pouco), manter o ritmo e non controlar as pulsacións. Os seguintes kms pasan sen demasiada historia, concentrado no ritmo, obsevando como evolucionan os tempos por km respecto a liña imaxinaria marcada polos 4:30 min/km, con boas sensacións en xeral e recortándolle distancia ao globo de 3h15. Finalmente, alcanzo ao globo no km 8 e valoro se quedarme uns kms con el ou seguir arriscando co obxetivo das 3h10. Semella que a liña conservadora vése superada pola incohrencia e sigo disposto a forzar para ver realmente onde están os meus límites en probas de fondo. Tomo de referencia unha camiseta do C.A.R. MAR que leva un bo ritmo e vou facendo a goma con el durante moitos kms, adiantando pouco a pouco posicións. Alá polo km 9-10, cruzámonos co resto de participantes e vou atento para ver se diviso ao lonxe a unha camiseta naranxa para darlle ánimos... pero non hai sorte. Antes de continuar, un pequeno inciso. A estratexia respecto á hidratación e alimentación está clara. Xeles entorno aos km 18, 37 e 36, beber en tódolos posto de avituallamento e meterlle golosinas ao corpo ata o km 20 onde comezan a dar powerade e plátanos. Noto o estómago perfecto, a diferencia doutras veces, así que hai que cargar ben o depósito para evitar calquera desfalecemento. A partir do km 12 saimos ao paseo e comezo a acusar o ritmo tan alto dos kms anteriores. Non teño tan boas sensacións como nos kms anteriores e estou desexando chegar a zona do ponte de Luis I pq sei que alí me esperan os ánimos da miña querida esposa e de meu pai, pero este tramo da carreira fáiseme duro mentalmente. Finalmente, paso a media maratón nun tempo de 1h34:13 e penso que se me acompañan as forzas podo conseguir o obxetivo e incluso andar preto das 3h09. Enfilo a ponte e recibo os ánimos da xente que se agolpa nese punto pero destancan, por riba de todo, os gritos da miña esposa. Collo forzas renovadas e parece que as malas sensacións se disipan ao cruzar ao outro lado do río. Ata ese punto intentei evitar subirme ás aceras para evitar o adoquín, pero nese tramo non puiden evitar a tentación e, como boa ovella seguín ao reballo en forma de fila india de corredores diante miña. Comezo a avanzar posicións mentres mañteño o ritmo e certa frescura física e mental. Neste tramo crúzome con Paco (krrkrrktpllo) e algún corredor máis coñecido que van diante da lebre de 3h. Volta de 180º e logo duns kms nos que seguen as boas sensacións, xa estou de novo na ponte e máis adiante vexo a pancarta de 32 kms e, de novo, aos meus animadores particulares. Por fin vexo a BAT e intercambiamos uns sinceros gritos de alento que cobran se cabe máis emoción na proba raíña e en territorio internacional. Dende a media, manteño un ritmo uniforme de 4:30 min/km e sego entorno a 50'' por riba da liña imaxinaria que marca as 3h10 en meta. Sen embargo, cando saimos da zona máis concurrida e enfilamos de novo o paseo cara a desembocadura do río, o aire comeza a soplar suavemente en contra, cada vez máis forte a medida que pasan os kms --quizáis a intensidade é a mesma pero as forzas van máis xustas--. Comezo a perder algúns segundos respecto do tempo obxetivo pero siguen intactas as opcións e, sobre todo, as forzas e a concentración. Paso a moita xente que comeza a acusar o cansanzo durante este tramo da carreira. Ata este punto sempre fun ben acompañado, en grupos máis ou menos numerosos, pero agora vamos en fila india e bastante separados, co cal non hai moita alternativa para refuxiarse do vento. Paso o km 38 con 30'' de marxe pero, nese punto, xiramos á dereita e comeza unha lixeira subida con moito aire en contra (ou eso me parecía a min). A pesar de que teño forzas, non podo manter o mesmo ritmo e aínda que o km 39 é completamente chan, chego ao 40 con exactamente 3h. Neses dous kms perdín os 30 sg de xeito irremediable. Este tramo faiseme duro, sobre todo mentalmente, estou desexando chegar ao xiro que nos mete de novo cara a cidade e nos permite abandonar a zona do paseo. Os kms pasan máis despacio, aparece a fatiga e, sobre todo, a desesperación de ver unha longa recta e non atisbar o desexado xiro. Vexo a Álvaro ao fondo, a quen que lle está pasando factura tamén ese tramo, e doulle ánimos cando o supero. Nestos kms teño claro que vou facer unha gran marca pq, a pesar de todo, vou ben, con forzas e consigo manter un ritmo decente, non hai desfalecemento, nin sequera noto demasiado cansadas/cargadas as pernas -- a diferencia das outras maratóns ou equivalentes--, pero ... sei que vai ser imposible baixar das 3h10. Non me importa en absoluto, estou disfrutando moito da carreira e de acabar tan enteiro unha maratón. Por fin chega o xiro, paso o km 41 e vexo que tería que facer 4:10 no derradeiro km. Descarto tal fazaña aínda que vexo que a xente que está ao meu redor se poñen a correr como tolos e déixanme atrás. Instintivamente tamén acelero lixeiramente o meu ritmo pero saboreando cada instante desos 1195 m que me restan. Vexo varias pancartas ao lonxe pero ningunha é meta e, cando xa estou a piques de rematar, vexo como a xente se agolpa a ambos lados da carretera ata formar unha fila estreita animando como se aquelo se tratara dunha etapa de montaña do Tour de Francia. Sorrío, disfruto, emociónome pensando en un montón de cousas e dedícolle a carreira ao meu pequeñín que está en camiño e, se Deus quere, verá cos seus propios ollos ao seu pai terminar unha maratón. Levanto as mans como sempre no momento de cruzar a meta e sigo correndo un rato despois ata onde se agolpan máis corredores e xa non podo seguir. Bebo un pouco de auga, de powerade e de cervexa e recupero mentres intercambio impresións con Paco. Cólganme a enorme medalle en conmemoración da 10º edición da carreira e, cando xa me ía marchar en dirección aos buses, recibo a sorpresa da miña esposa e meu pai que pillar un taxi dende a zona da ponte pero non lles deu tempo a chagar para ver a miña entrada ... unha mágoa !!! Sen dúbida, a maratón que mellor sabor de boca me deixou. PD: Para completar un fantástico día, entorno a 3 kms de volta ao hotel andando, unha francesinha con vinho verde en condicións e unha completa visita a cidade, incluíndo unha subida a torre de Clérigos que se as trae despois de facer unha maratón. |
jesusb escribió: |
Fantástica crónica y perfectamente redactada anarky Con todas las crónicas que llevas, podías animarte a publicarlas para su venta en librerías. Lo digo en serio, piénsalo. saludos |
Chayanne_Galaico escribió: | ||
Ahí ahí!!! y yo mandaré su correspondiente ejemplar a la biblioteca pública de Becerrea |
VICTORALVAREZ escribió: |
Gran crónica Anarky. La estaba leyendo y parecía que yo también estaba corriendo en Oporto Un abrazo crack |
tomatecolorado escribió: |
Como dijo alguien alguna vez, en dos palabras: IM-PRESIONANTE |
Mirosoy escribió: |
Boa crónica meu, como se merece unha carreira deste tipo... |
mandu escribió: |
Unha crónica moi chula. Fíxome gracia o de ter duas tácticas, conservadora e arriscada, porque eu pensó o mesmo. Sempre teño un tempo na mente pero as pernas e as sensacions dinme q apreté o cú. Son dos que digo q prefiro facer un mal tempo por arriscar un pouquiño que acabar una maratón coma una rosa. De feito, sempre teño dous tempos obxetivos programados. En Oporto tiña pensado baixar de 3:06 (Un pike con un amigote q tamén corre) como grande obxetivo e baixar de 3.15 como plan B. Finalmente acabei en 3:06 e xa non teño que pagar una Caixa de botellins de Estrella. Seguro que andivemos moi preto na carreira, pero eu son moi empanadilla para caras e nomes, e ademáis como entreno eu solo por horarios de traballonon coincido con moita xente. Na maratona estiven bastante tempo con un rapaz dun clube de atletismo de Bertamirans e co que quedou 2º en maiores de 60 anos, pero foi una magoa non poder conocer a nadie do foro, Outro ano hai que facer quedada previa na saida. Noraboa pola carreira. Vémonos no asfalto. |