Mar, 17 Abr 2007, 0:09
Asunto:
ola a todo@s, a verdade é que por distintos motivos fai moitísimo tempo que non entro no foro, penso que dende finais de febreiro cando corrín a anterior media.
Si, ao final fun á Vig-Bay, por esto de non madrugar achegueime (eu so) a Pontevedra o sábado á tarde, quedei cun tío meu, e pasamos o tempo hidratándonos a base de cebada fermentada, xa se sabe que os cereais son o máis indicado.
O domingo quedamos cuns amigos de el para achegarnos a vigo, e aló marchamos todos en caravana, bastante cedo, sobre as 9:30. Para aproveitar o tempo tomamos un pouco o sol,saúdo a
killoke e quedamos en que se alguén recibía algún premio sería para pagar a comida (foi unha mágoa!! estes africanos como corren. E tamen os centos de galegos que nos adiantaron jejeje!) e o primeiro en chegar, con premio ou sen el, paga as cañas.
pouco antes das 11, nos achegamos aos urinarios pra botar o que os trencillas chamamos o "pis do medo"
impresionante o ambiente, todo o mundo aplaudindo, eu quedome con eso.
A carreira fíxoseme entretida, porque era un percorrido que descoñecía, e sempre fun atopando xente con quen falar, teño un especial agradecemnto a todas as persoas que non so miran se non que tamén animan aos atletas, pode parecer unha parvada, pero...
Procurei ir de menos a máis, entre outras cousas porque antes de chegar á primeira costa notaba algo no estómago: FAME.
Agradecín moito as esponxas, para min fixo moita calor, supoño que porque estou acostumado a adestrar á noite onde a única luz que ilumina a miña gran fronte jejeje! e a das farolas.
O momento máis complicado foi o da baixada á praia, era unha costa moi longa, e preferín baixar o ritmo, non quería cebarme porque todavía quedaba moito por andar. Fun sempre con boas sensacións nas pernas, así que no derradeiro quilómetro me vin con forzas para acelerar e conseguir facer unha marca de 1h30'45'',

Impresionante, quizais algún día sexa capaz de ser sub 1h30', en fin que eso é o de menos, o millor foi pagar as cañas que estaban riquísimassssssss
Paseino de marabilla, dos foreiros só recoñecín a
killoke (por certo só estiven eu, o meu irmao non puido, fíxome gracia que te confundiras

perdoa pola broma), seguro que me crucei con moitos de vos, pero entre que teño unha memoria malísima e se non levades a roupa de correrengalicia.org non distingo a ninguén
Alégrome moito
Elyana que acabaras a media, ten moito mérito.
Espero ter máis tempo pra entrar no foro e ir a algunha carreira antes do verán.
P.D.: noraboa a todos os que participastedes e aos que non, a todos os deportistas, os que non o son que non se dean por aludidos ainda que correran