Foros ›
XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Nov 2013, 10:24
Asunto: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)







XII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
22 de decembro de 2013


SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA


INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 3 KM E 8’5 KM

Presenciais en Deportes Running Sport (rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 18 de decembro
Pola web en www.championchipnorte.com ata o xoves día 19 de decembro

Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou do Polígono de Barreiros pola outra.


NOTA IMPORTANTE

As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluindo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 5€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Running Sport.
Os/as participantes da carreira de 3 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Deportes Running Sport.


AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP


INFORMACIÓN

tlf. 647913079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es
www.correrengalicia.org

HORARIO

12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 horas: ágape e chocolatada para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos


REGULAMENTO XERAL

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

2. A recollida de dorsais e chips, farase desde as 9:00 horas ata media hora antes do inicio da proba.

3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 3 km para as categorías A – B- C- D e de 8’5 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os nenos/as pararán na primera volta (1 pequena) e os restantes corredores completarán dúas voltas (1 pequena e 1 grande).

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar aos obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais. Nestes casos non se poderá optar á camiseta.

10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a proba.
• 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.
• Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

11. Establécense as seguintes categorías:

A) Alevín: 2003 e 2004
B Infantil: 2001 e 2002
C) Cadete: 1999 e 2000
D) Xuvenil: 1997 e 1998

Distancia a percorrer: 3 km (1 volta)
Saída ás 12:00 horas

E) Junior-promesa: 1992 a 1996
F) Senior: 1991 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante

Distancia a percorrer: 8’5 km (2 voltas)
Saída ás 12:00 horas

Pitufos: 2005 e posteriores
Distancia: 300 m.
Saída ás 13:00 horas

12. De seren extranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licencia federativa pola FGA, ou ben aqueles que sin a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as súas marcas sexan de inferior calidade destas que se indican en homes e mulleres nas probas seguintes: en 800 m: 1’48”50 eles, ou 2’05”0 elas, na de 1.500 m: 3’42”00 ou 4’17”00, na de 5.000 m: 13’45”00 ou 15’55”00, na de 10.000 m: 28’50”00 ou 33’50”00, na de 3.000 m. Obstáculos: 8’50”00 ou 10’25”00, nos 10 Km. ruta: 29’10” ou 33’50”, no Medio Maratón: 1:03’00” ou 1:13’30” é no Maratón 2:12’00” ou 2:34’00”.

13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.

15. A Organización obsequiará cun ágape e chocolatada a todos os participantes da proba


VENCEDORES PASADAS EDICIÓNS

1ª edición, ano 2002

José Benito López Pastoriza
Ana Toral

2ª Edición, ano 2003:

José Antonio Ramallo
Ana Toral

3ª edición, ano 2004:

Víctor Riobó
Ingrid Rodríguez

4ª edición, ano 2005:

Eduardo Álvarez Morais
Iria Fernández Fontenla

5ª edición, ano 2006:

José Antonio Ramallo
Iria Fernández Fontenla

6ª edición, ano 2007:

David Rodríguez García
Iria Fernández Fontenla

7ª edición, ano 2008:

José Antonio Ramallo Reboredo
Consi Gómez

8ª edición, ano 2009:

José Manuel Fernández Márquez
Iria Fernández Fontenla

9ª edición, ano 2010:

Daniel Bargiela
Isabel Sáez Batallán

10ª edición, ano 2011:

Alejandro Fernández
Deirdre Mc Dermot

11ª edición, ano 2012:

Rubén Diz
Leticia Fernández Barbosa

circuito



perfil




Última edición por San_Cibrao o Xov, 19 Dec 2013, 10:00; editado 5 veces
rubenigui

Montañés
Montañés
21/02/10
0 Carreiras
2453 Mensaxes
Barbadás
Respostar citando Envío Dom, 10 Nov 2013, 15:03
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das V

Alí estaremos un ano máis para celebrar o Nadal
mandu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/11/11
28 Carreiras
110 Mensaxes
Xunqueira de Ambia - Ourense
Respostar citando Envío Dom, 10 Nov 2013, 21:40
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

A esta clásica non falto. E a empanada pa repor forzas .......espectacular.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 12 Nov 2013, 23:03
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Pois eu non vexo onde anotarme en championchip
rubenas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
29/07/09
0 Carreiras
422 Mensaxes
Polígono de San Cibrao das Viñas
Respostar citando Envío Mér, 13 Nov 2013, 16:43
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Aínda falta bastante, supoño que as inscripcións abrirás nuns días.

Tengo dos problemas para correr, uno la pierna izquierda y el otro la pierna derecha.
Mi Web
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Nov 2013, 20:18
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

rubenas escribió:
Aínda falta bastante, supoño que as inscripcións abrirás nuns días.

ou semanas Silbar
rubenas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
29/07/09
0 Carreiras
422 Mensaxes
Polígono de San Cibrao das Viñas
Respostar citando Envío Xov, 14 Nov 2013, 15:02
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

San_Cibrao escribió:
rubenas escribió:
Aínda falta bastante, supoño que as inscripcións abrirás nuns días.

ou semanas Silbar

Moitas semanas non que só falta un mes Moi feliz Moi feliz Aínda que esa sería aúnica maneira de que non se esgotasen os dorsaias antes de tempo Idea

Tengo dos problemas para correr, uno la pierna izquierda y el otro la pierna derecha.
Mi Web
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 23 Nov 2013, 18:51
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Xa están abertas as inscricións en CHAMPIONCHIP. Lembrade que están limitadas a 500 participantes! Os corredores da categoría PITUFOS (ano 2005 e posteriores) inscribiranse o día da proba e non levan chip.
joseadolfo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/01/13
12 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 23 Nov 2013, 21:37
Asunto: Re: XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas

Ahí estaremos!!!!
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Nov 2013, 7:52
Asunto: Re: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)

O punto de saída e meta, será nas piscinas municipais de Ponte Noalla.

GPS (WGS84): 42º 17' 01" N, 7º 50' 15" O

UTM X:595802 Y:4681920
Pestortos

Maratoniano
Maratoniano
2/12/13
23 Carreiras
136 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2013, 0:15
Asunto: Re: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)

Outra que me interesa pola data.
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Dec 2013, 13:37
Asunto: Re: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)

Xa está cuberta a metade das prazas dispoñibles. Levamos 250 inscritos!

Non o deixedes para a última semana que non quedarán prazas
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Dec 2013, 9:22
Asunto: Re: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)

A inscrición para a carreira xa está pechada. Vémonos en San Cibrao o día 22
rubenas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
29/07/09
0 Carreiras
422 Mensaxes
Polígono de San Cibrao das Viñas
Respostar citando Envío Xov, 12 Dec 2013, 14:34
Asunto: Re: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)

E aínda faltan dez días!

Agora empezará o tráfico de dorsais como nas grandes... Se aceptan ofertas (con máis de tres ceros, por favor) Silbar

Tengo dos problemas para correr, uno la pierna izquierda y el otro la pierna derecha.
Mi Web
novoa_run

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
26/07/11
0 Carreiras
1264 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Dec 2013, 23:57
Asunto: Re: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)

rubenas escribió:
E aínda faltan dez días!

Agora empezará o tráfico de dorsais como nas grandes... Se aceptan ofertas (con máis de tres ceros, por favor) Silbar

Un amigo despistouse e quedou sin dorsal, estaría disposto a darche 00000 euros polo teu Guiño
Xa en serio, unha pasada que xa se cubriran as prazas, para min é unha carreira a que non se pode faltar.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos