Mér, 11 Xan 2006, 19:32
Asunto: Recomendacións
Eu, correrei en Boborás, porque así o decidimosos membros do equipo. Fun o ano pasado a Viana, e aos que vaiades, douvos uns consellos:
1º.- De mañanciña ide ben agarimados porque o aire bate duro en Viana, onde morre o noso río do esquecemento (Limia) que alí se chama Lima. Lembrade que non hai o agarimo dunha ria ou dunha bahía. A hora da carreira non soe facer frío.
2º.- Recoméndovos chegar cedo: Estacionar o coche non é doado no centro da Vila.
3º.- Disfrutade da carreira, e dosificade entre os quilómetros 5 e 14 (se é o mesmo percorrido do ano pasado tiran un pouquiño para arriba). Penso que é tan rápida como a Vig Bay.
4º.- Fixádevos, si non chove, no fermoso e entrañable ambiente na estrada: vellos, nenos, mozos animando aos altetas durante gran parte do percorrido.
5º.- O máis importante: Xa de volta, e para comentar a carreira, almorzar nun dos numerosos e excelentes restaurantes no fermosísitmo percorrido que une Viana con Valença. A miña escolla sería RESTAURANTE PORTOBELLO, na mesma praia de VILA PRAIA DE ÃNCORA. Bacalhau, Vinho Verde, Superbock..... xa me estou emocionando: Portugal é especial.
Xa nos contaredes o luns día 30 de xaneiro...