Lun, 11 Nov 2013, 17:55
Asunto: Diario de Meigalicix
Síntome un pouco fora de lugar abrindo este fío, vendo tantos e tantos diarios que tedes abertos por aqui, de xente que leva correndo tanto tempo e a tanto ritmo... Pero será polo pasamento da atleta navarra onte na Behovia San Sebastián, ou porque nesta sección creo que só hai outro diario aberto por unha muller. Asi que aproveitando esta especie de punto sentimental, paso a compartir a miña minúscula experiencia , por se lle vale de algo a alguén.
O de reivindicar o 10% está claro. Calquera carreira popular ten por termo medio, coma se fose unha lei matemática, só un 10% de mulleres inscritas, agas rarísimas excepcións. Escoitei moitas teorías: Que se somos mais pijas e marujas e preferimos o ximnasio e o pilates, que se somos menos picadas e competitivas e nos van mais os deportes de grupo... Ningunha delas me convence, evidentemente. Non entro en polémicas inútiles sobre machismos, e feminismos. So quero reivindicar, en positivo, o valor e o convencemento que lle poñemos este 10% de participantes habituais das carreiras populares.
Comecei neste mundo hai 3 anos, de casualidade. O corpo enferruxábase de tantas horas de traballo sentada, e algo habia que facer que non me sentase mal á miña alerxia, ás miñas varices e outras cousas de mediana idade.
As primeiras tiradas non pasaron dos 5 kilómetros, circuito pechado sen sair dos limites da mazá de casas onde vivo. De abondo para descubrir a importancia dun calzado axeitado e unha roupa cómoda, de que era mellor correr antes de almorzar, antes de xantar, ou pola tarde antes de cear.
A importancia de engancharse ben a esa rutina de sair 3 ou 4 días á semana. Un bo dia comecei a aumentar as tiradas (simplemente aumentando mais voltas ó meu circuito pechado) e vin que case chega ós 10 km...Foi cando comecei en pensar en apuntarme na Pedestre de Santiago, 25 anos despois (nunca fixera atletismo, pero na época santiaguesa eramos moitos os que nos apuntabamos por facer o tolo un día, e morrer de maniotas logo unha semana)... Daquela rodei cun ritmo de 6:10, unha miseria, pero quedara contenta de tela rematado sen ter que pararme, nin na costa de San Francisco nin na de Vite. Probei logo na Nocturna de Corre con Nos, e xa lograra un discreto 5:45... E xa foi cando me atacou o virus sen remedio, pois de alí a pouco comecei a pensar na Vig Bay... Polo medio cruzouseme algún colega con revistas de runnig, e as súas ideas. O caso é que pasei a facer tiradas de 17 km con demasiada frecuencia, por circuitos moi duros (quen coñeza a Guía e arredores por Vigo sabe de que falo), e acabei con fascitis plantar e a cadeira dereita feita unha desgracia .
Tocou fisio, quiropráctico, podólogo, alzas de 7milimetros, pantillas a medida, correr con tobilleiras. Pero fixen a miña primeira Vig Bay sen lesionarme mais,iso si, nun tempo de 2:06, pero enteira. A anécdota foi que adiantei á altura de Praia América a un dos fisios que me atendeu naquelas semanas, que quedou ali parado coa lingua de fora.
Non me dan as fins de semana como para telas libres e ir a moitas carreiras ( 4 ou 5 competiciòns no ano como moito). Sigo sen facer mais de 32 km semanais de media, nunca fago tiradas de máis de 55 minutos, procuro non facer a subida e baixada da Guía mais de 1 vez ó mes. Sei que debería facer estiramentos 15 minutos antes, e 15 despois de cada tirada, pero ó final só fago os de despois... Algún colega díxome que tiña cualidades para ir a 5 minutos km, pero confórmome cos 5:14 ou os 5:18 que fago nas carreiras de 10km, e facer a Vig Bay en 1:57 ou 1:58 xa o considero unha melloría. Tamén me dixeron que se non pensaba nunha maratón...e teño clarísimo que non.
Totalmente de acordo co que dicides sobre a técnica de respiración. Non é que siga unha académica aprendida a conciencia, pero algo lle queda a unha das clases de preparación ó parto: Non abusar das inspiraciòns curtas e frecuentes, adaptar o esforzo a ritmo elevado pero con intervalos de inspiración espiración longas (aínda que se colla o aire e se deixe a golpes pequenos, alguén llo explicaba moi ben a Tomatecolorado, creo).
A cadeira dereita da problemas cada certo tempo, pero a base de masaxes, estiramentos e pasos puntuais polo quiropráctico imos tirando.
Nuns días a miña 3ª San Martiño, e espero sacar o meu aprobado raspado de sempre, é dicir, que se corren 40 da miña categoría, quedarei de 20 aproximadamente. En definitiva, manter ese rimto de 5:14 nunha de 10 km, e sobre todo disfrutar moitísimo coas rúas sen coches, como se os seres humanos normais e corrientes fosemos os verdadeiros donos do mundo por unhas horas. Esa sensaciónde libertade que so os que padecen esta tolemia poden comprender.
Menuda chapa que veño de escribir... Espero que mo perdoedes por ser a primeira entrada. Se escribo algo mais, serei mais breve.
Última edición por Meigalicix o Dom, 02 Ago 2020, 20:05; editado 19 veces