Mar, 12 Nov 2013, 6:57
Asunto: Consello elección zapatillas trail
Boas, compeñeir@s.
A ver se me podedes botar unha man con esto: estou dubidando entre as Salomon XR Mission e as Nike Air Pegasus 29 Trail á hora de comprar as que serán as miñas primeiras zapatillas máis ou menos especifícas para este tipo de carreira.
Como poderedes supor polos modelos que poño non preciso que sexan nin moi específicas para algún tipo de terreo (é máis, tamén lles tocara rillar algo con asfalto) nin tampouco van abundar os percorridos moi técnicos.
Agradezo de antemán os vosos consellos e se se vos ocurre algún outro modelo que encadre nas miñas pretensións, adiante.
Gracias!
PD.- Mido 1'78, peso +-75 Kg, pisada neutra e as tiradas coas zapas serían máximo en torno a 20 Km.