Mar, 17 Abr 2007, 23:18
Asunto:
Sinto entrar así a cortar o rifirafe éste entre o "
cánido" e outros foreiros, pero quería poñer unha crónica. Perdón se molesto ¡¡eh!!.
A crónica comeza o sábado pola tarde cando vou recoller o dorsal e a bolsa e atopo xa a
Aguita, a
Touza da SGP (sempre tan amable comigo... e iso que eu librei da mili e de non ser por iso tería sido obxector de conciencia
) ademáis de compañeiros meus do traballo que tamén corren. Cando volvo ao meu coche xusto xusto ¿a quén teño aparcado detrás?... ao capitán do meu equipo PASTELALRUHM cun sorriso de ourella a ourella e recén chegado das coruñesas terras (mal fin de semana para baixar a Portugal
) co que intercambio número de móvil para quedar á noite e deseñar o ataque mortal do noso equipo mentres hidratamos o corpo cunha isotónicas (como así fixemos... o das isotónicas... o outro non había por onde collelo).
Día "
D". Alomenos para min o domingo foi un dos máis importantes deste 2007 xa que levaba máis dun ano agardando a carreira. O ano pasado pretendía correla pero foi en marzo e eu non me enterei a tempo (entereime que se celebraba o mesmo día que se facía
). Obvio os detalles e paso aos encontros. Kedada previa no punto de encontro do CARMA con
Elyana,
Xan_de_Ris e
tette, que xa estaba alí, e máis
Charly_Brown_Mestre_Sidreiro
Vamos a Samil. Aparcamos. Moito ambiente... moitísimo ambiente... cheiraba a linimento alí por onde habitualmente arrecende a salitre. Vou directo ao punto de encontro e xa vexo foreir@s e máis foreir@s. Saúdos, bicos (a elas), apertas, cachondeo, nervios, risas, fotos... o típico concentrado de cada carreira pero ao grande. Quecemento pola herba entre piñeiros acompañado con xente á que xa trato de amigo... en fin... moi agustiño con tod@s vós. Incluso coñezo a algún novo (para min) como
Sudeportosín (espero poñer ben o nome) e
Bugarín e fago algunhas presentacións... en particular presentei a
Morangui a outros foreir@s que oiran falar dela e incluso leran o seu blog (moi bonito, por certo,
viguetana e iso que eu non "
parlo catalá res").
Pasa o tempo, dúbidas sobre si hai cámara de chamada ou non. Unto as pernas co MADFORM para evitar problemas (sobre todo polas sobrecargas que vin padecendo últimamente) e a coller un sitio. Para variar quedo moi lonxe dos postos de cabeza pero vou ben acompañado de
Marola da que non me despego ate ven avanzada a carreira. Saída atropellada (estivemos máis de un km. esquivando xente e ahí perdemos moitísimo tempo) con parón e arrancada incluida. Realmente fixemos un quecemento extra na volta enteira a Samil e comezamos a correr propiamente no km. 4 cando saíamos en dirección Baiona. Ritmos suaves para, por unha vez, ir de menos a máis. Pouca xente nos pasaba e nós pasabamos a bastante. Contactamos con
Bugarín e con
Mafalda cos que subimos a costa da gasolineira a ritmos de máis de 5' km. pero o domingo a nosa amiga non estaba para moitas festas e pinchou. Esperámolos unha vez (a ela e mais ao fiel escudeiro que a acompañou todo o resto da carreira) pero non había moito remedio e finalmente deixámolos cando viramos a cabeza por segunda vez e vimos que agora estaban ainda máis lonxe que a primeira vez. Espero que nos perdoes por non agardar por ti
En fin, que pasei con
Marola de palique todo o tempo. Con ela pasei os Kms. 5, 10 e 15 . Neste momento xa pillaramos a
Charly e a
Ferrolano, que se atopaba como unha moto e non agardou por ninguén (un pracer enorme voltar verte e saber que estás cojo***mente ben). O trío (os dous MAPOMEIROS e mais eu) baixamos ata Praia América facendo uns Kms (do 10 ao 15) por debaixo de 4'50'' de media... ritmos cómodos para min e supoño que sobrados para eles dous, que seguiron coa cháchara.
Chega Praia América e eu sufro un bache que motiva que me quede en terra de ninguén. Despois dun km. xa non vexo a ningún dos meus anteriores acompañantes e non atopo a ningún coñecido así que tiro de moral e aguanto Ramallosa (saúdo alí aos meus pais que me din que se apreto un pouco podo coller a
Khene...¡¡¡qué ilusos!!!) e Sabarís onde vou algo mellor. Atrapo ao meu ex-profesor
Tonecho e ao lonxe a corneta de
Mr. Dixie anímame a seguir correndo. Finalmente paso a este home (verdadeiro representante da xente que fai desta afición de correr unha maravilla lúdica, desenfadada, alegre... alonxada desa competitividade que tira ás mulleres e aos débiles polo chan... xa sabede do que falo) e afronto o derradeiro km. coa sana intención de sobrepasar a tantos corredores como poida... e así entro en Baiona adiantando (entre outros moit@s ao compañeiro
Vouamodo que me pillou en pleno "
progresivo) e felíz de chegar sen molestias nas pernas (o meu maior medo, porque do resto sabía que estaría máis ou menos ben... para o que eu dou de min mesmo polo de agora, claro).
Por certo, esprintei ata o arco hinchable e cando vin que non era a meta por pouco dame un jamacuco. Non cheguei a parar pero para poder manter máis ou menos un ritmo decente puxen o corazón a 187 ppm... o pulsómetro pitábame e eu sabía cal era a razón, pero por 150 metros non iba pasar nada ¿non?
Vamos, que rematei desfondado.
Impresións da carreira cos compañeir@s do foro. Saúdos a tod@s @s que vin e recoñecín (por certo aquí coñecín a
7ombligos... o gusto foi meu) e a bañarme na praia que quedaba do outro lado do parking. Dous minutos en auga do mar (¡¡¡vaia gozada a pesares de estar algo fria!!!!) estupendos para as miñas pernas e para o meu espíritu xa que compartin a praia cun "
Cormorán" (dos de verdade). Duchiña das da praia e fresco coma unha leituga recollín á familia (que viñera a buscarme) e para Vigo, que había papatoria... pero esa é outra historia
Sobre a organización:
Eu non fun ás duchas inundadas, como vichedes, así que para min todo o demais foi perfecto. Avituallamentos, bebidas, bolsa de corredor, trato, cronometraxe, roscón e plátano (por certo, eu collín unha cousa de cada:un auga, un acuarius, unha rebanda de roscón e un plátano).
Por se non o sabedes a organización repartíu entre os habituallamentos e a chegada un total de 22.000 botellíns de auga
(dixomo hoxe alguén que traballou entre outras tarefas nesa en particular) e había 3000 plátanos contados (ou sexa que si alguén quedou sen plátano foi porque moitos... non dous nen tres... colleron máis de un... se non lembro mal, alguén de aquí comentou que comera 3
... sen comentarios... e iso que non me cae mal o rapasssss peeeeeeeeeeeeeeero.... a Deus o que é de Deus e ao Cesar o que é do Cesar.
Por certo, moitíiiiiiiiiiiiisimas gracias a
Ojordo, que estivo animando coma un poseso tanto en Samil como na entrada a Baiona. ¡¡¡Eres a hos***a rapaz!!!
Última edición por banderas o Mar, 17 Abr 2007, 23:45; editado 2 veces