dponte escribió: |
Grandísima carreira ésta do San Martiño. Disfruteina moito e penso repetir (como alguén ben dixo é a "nai de todas as carreiras populares"; cita obrigada). Só quería deixar unha reflexión: onte, nun programa de radio que falaba da carreira, escoitei que, en paralelo á carreira, había un programa de recollida de alimentos chamado quilo-metro (a idea creo que era tratar de recoller tantos quilos de comida como metros ten a carreira; ambicioso pero factible tendo en conta os máis de 10000 inscritos). Grazas a que me coincidiu escoitalo, levei o equivalente (aprox) á inscrición nunha carreira deste tipo (xa que ésta era gratuíta, pareceume o máis lóxico) ao banco de alimentos, no pavillón dos remedios. Creo que iniciativas coma esta se deberían levar a cabo en moitas carreiras, pero sobre todo publicitalas para que todo o mundo se entere (por exemplo na cartelería da carreira). Sei que a maioría dos afeccionados a este marabilloso deporte sodes xente moi solidaria e por eso estou seguro de que si todos coñecéramos esta campaña batiríamos un récord máis importante que o de participación nunha popular. Espero que se repitan máis veces iniciativas coma esta (sobre todo nestes tempos que nos toca vivir). |