Mar, 05 Nov 2013, 12:09
Asunto: Re: Maratona do Porto 2013
Pois non podo máis que confirmar que se trata dun maratón 100% recomendable. O percorrido é bonito, relativamente rápido e non ten ningunha zona que se faga especialmente monótona --a diferencia dos que correra ata agora--. A organización impecable, gran ambiente na expomaratona e un trato excelente de cara ao corredor. O ambiente na saída espectacular, aínda agora me emociono cando o recordo, a xente moi animosa en moitas partes do circuito (especialmente na ponte de Luis I) e a meta tamén espectacular ... a diferencia de mandu a min encantoume a xente agolpada e aplaudindo a nosa entrada en meta como se fora un etapa do Tour. Ademais dos grandes recordos e sensacións que me deixou esta carreira, tráiome unha preciosa camiseta e unha gran medalla --aparte da botella de Porto que durara pouco

.
Ademais, precio asequible e cerca xeográficamente para os galegos. A cidade merece a pena visitala, especialmente callejear pola zona antiga, pero tamén o contraste coa zona de Aliados. Vése que ten un bo ambiente nocturno

e hai que disfrutar das delicias gastronómicas.
No tema persoal, moi contento coa carreira, non sufrín especialmente en ningún momento pero non puiden acadar o obxetivo por 20'' xa que perdín o marxe que levaba na derradeira zona do paseo, lixeiramente picando cara arriba e con algo de vento en contra. Ao final 3h10'20''. Igualmente satisfeito e moi contento de disfrutar desta experiencia.
www.24gramos.blogspot.com