O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XL TROFEO DE PEDESTRISMO, que terá lugar o domingo, día 1 de decembro de 2013.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
- Minibenxamín (2007-08)
- Benxamín (2005-06)
- Alevín (2003-04)
- Infantil (2001-02)
- Cadete (1999-2000)
- Xuvenil / Xunior (1995-96-97-98)
- Promesa / Senior (1994 ata veteráns)
- Veteráns (35 anos en diante)
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
- 10.00 h: BENXAMÍN 500 m.
- 10.15 h: ALEVÍN 1.000 m.
- 10.30 h: INFANTIL 1.500 m.
- 10.45 h: MINIBENXAMÍNS 250 m.
- 11.00 h: CADETE MULLERES 2.000 m.
- 11.15 h: CADETE HOMES 3.000 m.
- 11.45 h: ENTREGA TROFEOS
CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
- 11:45 h: XUVENIL – JUNIOR (homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Praza de Abastos 6.000 m.
- 11:45 h: PROMESA – SENIOR - VETERÁNS (homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / 2 voltas circuito urbano / Meta: Praza de Abastos 10.000 m.
- 13.00 h: ENTREGA TROFEOS
3. INSCRIPCIÓNS:
- As inscricións deberán efectuarse antes das 23.30 h do martes 26 de novembro. O coste da
inscripción será de 5 € para os participantes das carreiras absolutas de 6.000 m e 10.000 m que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
- As inscricións formalizaranse na páxina
www.championchipnorte.com
- Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.
- As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET, e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría
serán borradas da inscrición.
- Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a fundacion @ cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data completa de nacemento, club (se ten), localidade, provincia, teléfono de contacto.
4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles un servicio de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10.00 h e 10.15 h, e que terá un importe de 1 € a ingresar coa inscrición.
5. A organización habilitará un vehículo especial no Porto de Aldán para os participantes nas carreiras de 6.000 e 10.000 m., para o traslado das mochilas/bolsas ata a zona de meta en Cangas.
6. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.
7. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais.
8. Será gañador/a do XL Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10.000 m.
9. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías e trofeo o 1º clasificado, masculino e feminino, da carreira absoluta (10.000 m). Asimesmo entregaranse medallas do 4º o 10º clasificado nas categorías minibenxamín / benxamín / alevín e infantil.
10. Na categoría de veteráns, haberá unha única categoría (de 35 anos en adiante).
11. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
12. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.
13. A inscripción neste XL Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento.