Ven, 20 Abr 2007, 1:11
Asunto:
En efecto, de Antonio Palacios Ramilo y Joaquín Otamendi... que presentaron o proxecto como proxecto de fin de carreira... de feito foi a súa primeira obra.
Outras obras súas foron o Círculo de Bellas Artes de Madrid, o Banco del Río de la Plata (Banco Central e hoxe sede central do Instituto Cervantes), tamén en Madrid, o Hospital de Xornaleros de Maudes en Madrid (tamén) o Banco Mercantil e Industrial de Madrid.
En Galicia ten, ademáis, un par de cousas en Porriño (a súa patria chica) como a Casa do Concello de Porriño, a Fonte do Santo Cristo e a Botica Nova, en Mondariz Balneario o famoso Templete da Fonte de A Gándara (símbolo das augas de Mondariz) e o edificio La Baranda (hoxe hotel-balneario pero durante moitos anos só balneario e bar... por certo tremendas cogorzas que teño pillado nel), o Gran Hotel Balneario (queimado e volto a renacer como edificio de apartamentos), en Carballiño o Templo da Vera Cruz, en Panxón o Templo Votivo do Mar, na praia do Vao (Vigo) a Ermita, en Celanova o Templo da Encarnación,en Vigo tamén o Teatro García Barbón e o Banco de Viñas Aranda, pegadiño ó citado García Barbón. etc. etc. ... incluso un famosísimo e mítico Plan Xeral de Urbanismo para Vigo que nunca chegou a realizarse por motivos diversos pero que, de levarse a cabo, faría de Vigo algo moi diferente do que hoxe en día é
... en fin, máis cousas da vida.
E despois da clase de arte... a durmir... e desexarvos a tod@s os que ides á MAPOMA
¡¡¡MOITÃSIMA SORTE A ESA MAREA AZUL!!!¡¡¡E DESFRUTADE Ã? MÃXIMO!!! Bueno, de algún estou seguro que sí vai disfrutar... antes, durante pero, sobre todo, despois... ese terceiro tempo