Ven, 29 Nov 2013, 12:11
Asunto: III Eurocidade 10 (8Xuño2014)
Por terceiro ano, o Club de Atletismo Tui - Thermalia en colaboración co Concello de TUI e a CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA organiza a carreira popular
Eurocidade 10. Unha carreira de
10 Km. que transcurre polos puntos máis emblemáticos de Tui e Valença, cruzando a vella ponte internacional que une ambos municipios. A data, que procuraremos manter como fixa todos os anos, será o segundo domingo de xuño pola mañá, que este ano coincide no día 8 de xuño.
Como na primeira edición, a
saída e a meta estarán situadas no paseo da Corredoira de Tui.
Cando teñamos os datos definitivos de horario, modo de inscripción, percorrido, regulamento e demáis, aparecerán na web do noso club (a información que aparece agora é a do ano pasado) e os comentarei aquí.
Probablemente cambie pouco con respecto ao ano pasado e o anterior. Podedes ler
aquí e
aquí o que comentábamos nas edicións anteriores.