Meigalicix escribió: |
Circuito de ida e volta Teis Chapela (8900m para min, 9000 para Beauvais, pero será pola diferencia de percorrido entre os nosos domicilios, e porque o meu podómetro-cronómetro non é moi de fiar): 52:15, o que da un ritmo de 5:52 minutos/km... O habitual de cada día. |
beauvais escribió: |
Moi ben veciña. A verdade é que a min tampouco me chega a 9 Km. Ao chegar ao portal da miña casa teño que tirar sobre 40 metros para arriba e volvelos a baixar. Todo por facer 9 Km A seguir así!!!! |
Meigalicix escribió: |
Finalmente atrevinme a sair hoxe, pero só a facer o circuito pequeno da Balbarda. 5.300 m en 34:53 minutos , snifff, un ritmo de 6:34 min/km . Un bo momento para lembrar o "sermón" que me botou o quiropráctico cando a primeira lesión seria (alá por febreiro de 2010): "Ti que queres, seguir saindo á rúa e gozando cada día de entreno, ou facer heroicidades un día e ter que colgar as zapatillas para sempre????". Asi que toca por uns días esquecerse dos ritmos e da Corre Con Nos, e deixar que a cadeira dereita se recupere. Sair si, pero con moiiita calma. Qué sorte tedes algúns que no vos pasan estas cousas. |
Meigalicix escribió: |
Hoxe andaba a dudar se repetir o circuito doado e prudente da Balbarda. Pero facía unha maña tan soleada que me ganou a parte escénica e paisaxística e fun pola Guía. Iso si, a unha hora de pouco frío, e tobilleiras nos dous pes. Asi que: Circuito da Guía, 5000m en 29:32 min, a un ritmo de 5:54 min/km, e só unhas lonxanas molestias na cadeira dereita. Polo tanto, todo dentro da normalidade, que non é pouco, despois do susto da semana pasada. |