Dom, 10 Nov 2013, 10:24
Asunto: XII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (22/12/2013)
XII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
22 de decembro de 2013
SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA
INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 3 KM E 8’5 KM
Presenciais en Deportes Running Sport (rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 18 de decembro
Pola web en
www.championchipnorte.com ata o xoves día 19 de decembro
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou do Polígono de Barreiros pola outra.
NOTA IMPORTANTE
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluindo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 5€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Running Sport.
Os/as participantes da carreira de 3 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Deportes Running Sport.
AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP
INFORMACIÓN
tlf. 647913079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es
www.correrengalicia.org
HORARIO
12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 horas: ágape e chocolatada para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.
2. A recollida de dorsais e chips, farase desde as 9:00 horas ata media hora antes do inicio da proba.
3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 3 km para as categorías A – B- C- D e de 8’5 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os nenos/as pararán na primera volta (1 pequena) e os restantes corredores completarán dúas voltas (1 pequena e 1 grande).
4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar aos obsequios.
7. O percorrido estará sinalado cada km.
8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais. Nestes casos non se poderá optar á camiseta.
10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a proba.
• 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.
• Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
11. Establécense as seguintes categorías:
A) Alevín: 2003 e 2004
B Infantil: 2001 e 2002
C) Cadete: 1999 e 2000
D) Xuvenil: 1997 e 1998
Distancia a percorrer: 3 km (1 volta)
Saída ás 12:00 horas
E) Junior-promesa: 1992 a 1996
F) Senior: 1991 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Distancia a percorrer: 8’5 km (2 voltas)
Saída ás 12:00 horas
Pitufos: 2005 e posteriores
Distancia: 300 m.
Saída ás 13:00 horas
12. De seren extranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licencia federativa pola FGA, ou ben aqueles que sin a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as súas marcas sexan de inferior calidade destas que se indican en homes e mulleres nas probas seguintes: en 800 m: 1’48”50 eles, ou 2’05”0 elas, na de 1.500 m: 3’42”00 ou 4’17”00, na de 5.000 m: 13’45”00 ou 15’55”00, na de 10.000 m: 28’50”00 ou 33’50”00, na de 3.000 m. Obstáculos: 8’50”00 ou 10’25”00, nos 10 Km. ruta: 29’10” ou 33’50”, no Medio Maratón: 1:03’00” ou 1:13’30” é no Maratón 2:12’00” ou 2:34’00”.
13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.
15. A Organización obsequiará cun ágape e chocolatada a todos os participantes da proba
VENCEDORES PASADAS EDICIÓNS
1ª edición, ano 2002
José Benito López Pastoriza
Ana Toral
2ª Edición, ano 2003:
José Antonio Ramallo
Ana Toral
3ª edición, ano 2004:
Víctor Riobó
Ingrid Rodríguez
4ª edición, ano 2005:
Eduardo Álvarez Morais
Iria Fernández Fontenla
5ª edición, ano 2006:
José Antonio Ramallo
Iria Fernández Fontenla
6ª edición, ano 2007:
David Rodríguez García
Iria Fernández Fontenla
7ª edición, ano 2008:
José Antonio Ramallo Reboredo
Consi Gómez
8ª edición, ano 2009:
José Manuel Fernández Márquez
Iria Fernández Fontenla
9ª edición, ano 2010:
Daniel Bargiela
Isabel Sáez Batallán
10ª edición, ano 2011:
Alejandro Fernández
Deirdre Mc Dermot
11ª edición, ano 2012:
Rubén Diz
Leticia Fernández Barbosa
circuito
perfil
Última edición por San_Cibrao o Xov, 19 Dec 2013, 10:00; editado 5 veces