Dom, 08 Dec 2013, 10:58
Asunto: Re: III Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive,Vigo (07/12/13)
Espero que o motivo non fose ir ó Celta. Quero explicarme.
Eu non me inscribín na carreira sendo consciente de que non podería ir pois ía ter que levar ó Celta a miña irmá pequena, e por moito que me apetecese ir á carreira, motivos tiña para non ir (estes motivos sempre son cuestionables e subxectivos, pero ante todo persoais e non criticables).
O que si debe ser criticado é o que leva a alguén a non acudir a unha carreira solidaria e gratuita con límite de prazas na que está escrita, e neste caso que a xente se inscriba nunha carreira sendo consciente de que a esa mesma hora hai partido do Celta (xa se coñecía a hora do partido daquela) e polo tanto "reservando" praza por se lle apetece ir, coma é gratis...
Foron 139 persoas, aquí non hai casualidades (e digo isto agora, entrando en contradicción coa miña primeira frase). Gustaríame saber que pasou neste aspecto en anos anteriores.