mosquera9599 escribió: |
A ver si alguén que a correra en anos pasados pode falarnos un pouco do recorrido, número de voltas, subidas e baixadas, etc... |
airean escribió: |
Recorrido bastante rápido e chan. - Primeiro kilómetro prácticamente costa abaixo... - Segundo kilómetro chan, polo paseo marítimo... - Terceiro kilómetro cha, polo paseo marítimo e ao final, empeza a primeira costa. - Cuarto kilómetro. Aquí hai unha costa corta, pero sufrida. Tramo en lixeira subida... - Quinto kilómetro. Chan ou lixeira baixada... - Sexto kilómetro. Chan ou lixeira baixada... - Séptimo kilómetro. Lixeira subida... - Oitavo kilómetro. Lixeira subida... - Último tramo: lixeira baixada e recta final en chan pola rúa peonil... |
airean escribió: |
Di que si, Koala36. O ano pasado o tempo foi de escándalo. Lembro que ás sete da mañá estabamos balizando o paseo marítimo e, cando íamos pola metade, o vento xa desfixera a metade das cintas e a chuvia non parou en todo o día... Menuda forma de chover... Foi o día que probei que as chirucas non son estancas totalmente... Este domingo temos bo tempo. En meteogalicia da sol... mínimas de 10 grados aproximadamente e, ás 11:00 h, tempo para correr perfecto. Lástima de 7 ou 8 grados máis, pero é o que hai a estas alturas de ano... Aproveito para agradecervos a todos a vosa participación na carreira de Boiro. Agora, só esperamos estar á altura e ofrecervos todo o que merecedes. Os que non están inscritos, ollo!!! O xoves remata o prazo!!! Saúdos. |