Sáb, 14 Dec 2013, 15:24
Asunto: Re: Oferta Saucony Powergrid Triumph 10 en SportsShoes
Anonimo escribió: |
Deixando de lado que cada quen fai co seus cartos o que quere, paréceme asombroso como apoyamos o comercio local. |
Vaia leria ten a xente de impoñer os seus criterios os demaís. Ou sexa, que nos temos uns deberes co comercio local, pero eles con nós nada de nada.
Anonimo, non creo que teñamos que apoiar o comercio local só porque sí, senon que somos libres de elixir onde nos ofrezan un bó trato e uns prezos xustos.
Sin ir mais lonxe, fai dous anos, decidín participar na primeira maratón de Coruña (tamén a miña primeira maratón), pero si a proba era en Abril, en Xaneiro me decatei de que as miñas zapatillas (unhas Joma Hispalis) estaban demasiado gastadas para dita proba. Por iso decidín empezar a busqueda dunhas novas coas que enfrontar con garantías a carreira. Polo meu peso e a miña pisada, as Hispalis eran as idóneas, ademais de tratarse dun producto nacional.
Empezo visitando as tendas locaís (duas) e me dín que teñen Joma, pero "de paseo", nada do que eu quería. Decido facer o salto as tendas de Santiago (4 tendas e 1 centro comercial) nos que me dín que non as teñen, pero que as chegaron a ter nalgún momento, e que volte dentro de unhas semanas que lles ven nova mercancía...a ver si chega algo. En Febreiro volto a ditas tendas e me dín que nada de nada...a seguir buscando. En Marzo decido ampliar a busqueda a tendas de Coruña (5 distintas) e unha de Ferrol. En ningunha das de Coruña as tiñan, con excepción de unha (onde mercara as anteriores Hispalis) que lles quedaba un modelo de fai tres anos a 90.- euros (nesa mesma tenda pagara 70.- polo modelo do ano pasado); lles pregunto si me poden encargar polo menos o modelo deste ano, o precio que eles consideren, o cal me respostan que non, que eles só encargan por temporada e que non tiñan pensado pedir nada ata a seguinte (esto xa mo dixeran tamén en outras tendas). Na tenda de Ferrol, tiñan venta "on line", pero vexo que o modelo que ofertan non se corresponde coa foto do seu expositor, na que mostran unhas de gama inferior (coñezo a maioría dos modelos Joma), polo que xa non me molestei en contactar.
A principios de Abril, como última opción, empezo a busqueda por internet, ainda que xa non contaba con telas a tempo. Milagrosamente atopo unha tenda local de Badalona, con venta "on line", que dispón do modelo de ese ano, incluso a miña talla, e por un precio de 50.- euros (portes pagos). Fixen o pedido, e as 24 horas xa as tiña na casa, con apenas duas semanas para facerlles a rodaxe previa a maratón.
Sen querer ofender a nadie, non creo que lle deba nada a esas "tendas locais", que nin sequera se molestaron en buscar o que eu quería, que non se trataba dunha cousa fora do normal, ademaís de ser un producto nacional. Tamén quero deixar claro que non todalas tendas son iguais. Por unha diferencia de precio que non seña sustancial, e atopando o producto que quero, me vai ser maís cómodo mercar o lado da casa.
Perdoade polo tostón.
Pd: Xa me chegaron as miña Triumph 10. Coa diferencia de prezo desta compra teño para gastar nas outras tendas da miña localidade. O igual que na loteria do nadal, esos carton serán "un premio secundario, pero estará mais repartido".
Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com