Lun, 23 Abr 2007, 10:34
Asunto:
Mapoma 2007 é historia...comenzan (de feito xa comenzaron)
ás historias do mapoma 2007.
Antes de empezar quero agradecer a todos o apoio prestado. Estábades aquí, pero entre sms, chamadas, sentímonos como se estiverades alí ,animándonos. Non vou a dar nomes, porque entre tanta chamada seguro que me esquenzo de algún, pero sabede que nos sentimos agradecidos. Gustaríame onte facer a crónica, co subidón que tiñamos seguro que saían unhas crónicas ...que pa qué.
Non sei por donde empezar...bueno vou a dividir en varios capítulos, neste primeiro vou falar da maraón en sí, que é polo que fomos.
Mañán do 22, foto diante do edificio de correos, estamos eufóricos, acojonados,ilusionados,preocupados,nerviosos,contentos...e vinte ou trinta cousas máis, pululando pola nosa pel no mesmo segundo...ou sea éramos un caos, uns máis que outros pero un caos, aínda que a fachada impecable. Imos pouco a pouco cara a saída, os rapaces secamos un carballo, ás rapazas tiveron que buscar servicios...o de sempre. Conversacións de última hora, eu tiña pensado pasar a media en 1'30 (+ ou -) ou pensaba levar ese ritmo,¡qué queredes! os debutantes somos así de ilusos. O final decidimos
Gallego, Isa e eu, intentar pasar a media en 1'35, así Isa podería acompañarnos. Pum!!!!(metafórico,porque eu non oín nada), e saída...andando evidentemente. Saímos todos xuntos, menos
JM e MrDixie, pouco a pouco empezamos a "correr". Poño o de correr entre comillas porque os tempos por km que nos estaban caendo non eran moi bos ( que non se me malinterprete, con todo o meu respeto para os que andan neses tempos, que saben que o teñen). Tanto é a cousa que nun momento dado chega
Mario dende atrás a decirnos que si imos así tamén ven él connosco. Intentamos correr, pero é un martirio, corre de dez metros,frena busca sitio por donde adiantar, corre dez-quince metros, busca sitio por donde adiantar... e así ata o km 15 (+ ou-).A estas alturas xa sabiamos que pasar a media en 1'35 era prácticamente imposible, así que dixen que había que pouco a pouco subir o ritmo e ir baixando segundos...e pouco a pouco desfaise o grupiño. Realmente non son consciente en qué puntos km deixamos de estar xuntos. Pasada, é que foi unha pasada, pola Porta do Sol. Mogollón de xente animando...menudo subidón...e chego a media en 1'38. O problema que con tanto arranca paro,arranco paro...chego a media, non cansado ,pero sí cas rodillas bastante tocadas. En ese tempo tiña que pasar como se fose de paseo...e a partires de ahí xa podo poñer un ritmo e tirar para adiante, aínda que empezaba a parte máis dura. Zonas de mogollón de xente animando, e digo animando non mirando. Charangas nas beirarúas, de todo tipo,... gaiteiros tamén. Corro o meu ritmo, disfrutando e intentando non perderme detalle de nada, da xente correndo, por donde pasaba...quería reter todo na cabeza. Do km 22 (+ ou-) 0 27 poño un ritmo bastante esixente, ata que acarreira dime ...¡¡¡eh tranqui!!! que non estás facendo a pedestre. No km 27 adianto o globo das 3'15, estou tentado a quedarme con eles, pero decido seguir o meu ritmo. A subidiña de Ventas faise esixente, pero o chegar arriba e enfilar Alcalá...¡¡¡Qué gozada!!! Quedan dous km que se fan eternos, pero que os disfrutas, porque baixando Alcalá ata o Retiro xa é un mundo de xente, aplaudindo, gritando,animando...im-presionante. Entrada no Retiro a toda máquina...estás na gloria. Collo bolsa tiro para diante o stan de Mahou, e empezo ca cerveza, cando vou pola segunda vexo a yosi que está nunha nube , non é para menos. E empezan a chegar os compañeiros (cando vou pola terceira cerveza), abrazos, máis abrazos,bicos...especialmente contento quedo cando vexo a parecer a miña compañeira
marola moi enteira. Seguen chegando...e así
ATA QUE ENTRAMOS EN META TODOS( alí tíñamos a dúbida de jotaeme que non o vimos. Foto e a ducha.
Dios que ladrillo, esto creo que non é eficaz,¿quen o vai leer? Dentro de un pouco, falarei doutros aspectos da carreira, tempos,dureza, climatoloxía, e de aspectos máis lúdicos, pero será mellor facelos sectorialmente para que sea máis práctico leelos.(Joder eu non acostumo a facer crónicas...)