Dom, 15 Dec 2013, 20:48
Asunto: Re: IX Carreira Popular MAR DE BOIRO-7º memorial Pepe Bucet
Por unha cousa ou por outra nunca puidera ir a esta carreira, pero este ano non se me escapou.
Chán, chán como me tiñan dito, non era e os primeiros kms. picaban para abaixo, co cal saín demasiado rápido e tocou sufrir un pouco nos primeiros repeitos, ata estabilizar o ritmo...a partir de ahí puiden disfrutar do percorrido.
A organización de 10, entrega de dorsais e camisetas fluida, a saída puntual e o tráfico totalmente cortado (polo menos, non vin meterse coche algún no grupo no que iba), voluntarios en cada cruce e os kilómetros perfectamente señalizados e moi visibles.
O avituallamento post carreira moi bó (froita e bebida), incluso con chocolatada; voluntarios no pavillón sinalando e organizando as duchas, incluso creo que houbo auga quente para todos...vamos que a organización impecable.
Da gusto participar nunha carreira na que se nota que está todo pensado para darlle as máximas facilidades o corredor.
Para o ano quero voltar!!!
Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com