Dom, 22 Dec 2013, 19:15
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)
Efectivamente, o día 12 de xaneiro de 2014 é domingo e ese día será o día da proba.
Hoxe pola tarde, a pesares deste tempiño, fixen o tramo de bici. Moito barrizal non había (comparado co ano pasado) a pesares de que esta semana choveu bastante pero aínda así púxenme bastante perdido.
Como dixen nun post anterior, no que se refire á súa dificultade, non hai baixadas perigosas pero hai dous tramos esixentes: o primeiro xa está a apenas un km da saída. É unha subida duns 200 m de asfalto e aínda que non é unha parede tira bastante. Logo hai unha baixada (tamén asfaltada) e pouco despois hai que coller un desvio por unha pista de terra bastante ancha que non ten perigo ningún. Seguindo por esa pista hai un punto no que hai que coller outro desvio para pillar outro camiño e por aí si que a cousa é "dolorosa" (por dicilo finamente). É un tramo duns 500 m (tódalas distancias van a ollo eh, que eu non teño cachibaches para medilas) moi estreito polo medio do monte (un camiño de carros para entendernos) que pica lixeiramente cara arriba. A min, que de técnica en bici de montaña son un cero á esquerda, foi o tramo que se me fixo máis duro, non pola subida, que non é moita cousa, senón porque chegando arriba atranqueime cuns paus e cunhas pedras e tiven que parar. O resto do circuito faise ben con tramos anchos e, dentro do que cabe nunha proba destas características, con bo piso. De feito pode facerse todo con plato grande, salvo neses dous tramos que indiquei, onde polo menos eu tiven que meterlle o plato pequeno (no tramo ese estreito incluso tiven que meterlle case todolos piñóns).
Pero bueno, como sempre, a dureza do circuito ven dada polo ritmo que poña cada un. Hoxe fíxeno relativamente cómodo pero seguro que o día da proba irei arrepentíndome de dicir "e eu que no foro puxen que se facía bastante ben...". Bueno, perdón polo ladrillo.