Foros ›
[DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Dec 2013, 0:16
Asunto: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

O clásico e popular Duatlón de Reis de Reparada (concello de Vimianzo) terá lugar o vindeiro 12 de xaneiro ás 11 da mañá. Como é habitual nos últimos anos, sairase da praza da igrexa de Castromil.
Os interesados estade atentos porque en principio o prazo de inscrición abrirase este xoves día 20 nunha dirección que habilitará o concello.
O percorrido de bici cambia con respecto ó ano pasado pero o tramo a pé non. No de bici hai algo máis de asfalto con algunha subidiña curta pero dura. Aínda non fixen o tramo pero polo que me explicaron e polo que coñezo non é perigoso no que se refire a baixadas e tampouco é complicado tecnicamente. De feito, se recordades os que viñéchedes o ano pasado, había un barrizal que endureceu a proba enormemente. Este ano, parte dese trazado está moi mellorado con zahorra.
Este ano, como novidade, a proba estará controlada por chip.
Por último, indicar que a inscrición será de 5 euros e que haberá 144 prazas.
Bueno, calqueira cousa que queirades comentar/preguntar, por aquí andarei para axudarvos se podo.
cerqeda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/06/13
1 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Dec 2013, 23:48
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Gracias Pablo, allí estaremos un ano mais se podemos..
Manan haber a que estar atento a web do concello.
moreno

Novo foreiro
Novo foreiro
19/02/11
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Dec 2013, 11:49
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Vaya que pena, coincide con el duatlón cros de Ribadumia, la 1ª prueba del circuito gallego de la especialidad.
olivierft

Novo foreiro
Novo foreiro
30/10/11
0 Carreiras
23 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Dec 2013, 14:29
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

habra que apuntarse, tiene muy buena pinta
olivierft

Novo foreiro
Novo foreiro
30/10/11
0 Carreiras
23 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Dec 2013, 14:39
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Una duda.....mirando la fecha, no me cuadra. Es Domingo o es 12?
Fernan

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/05/10
0 Carreiras
124 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Dec 2013, 19:24
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

O meu almanaque di que o 12 de Xaneiro do ano 2014 é domingo
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Dec 2013, 20:15
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Efectivamente, o día 12 de xaneiro de 2014 é domingo e ese día será o día da proba.
Hoxe pola tarde, a pesares deste tempiño, fixen o tramo de bici. Moito barrizal non había (comparado co ano pasado) a pesares de que esta semana choveu bastante pero aínda así púxenme bastante perdido.
Como dixen nun post anterior, no que se refire á súa dificultade, non hai baixadas perigosas pero hai dous tramos esixentes: o primeiro xa está a apenas un km da saída. É unha subida duns 200 m de asfalto e aínda que non é unha parede tira bastante. Logo hai unha baixada (tamén asfaltada) e pouco despois hai que coller un desvio por unha pista de terra bastante ancha que non ten perigo ningún. Seguindo por esa pista hai un punto no que hai que coller outro desvio para pillar outro camiño e por aí si que a cousa é "dolorosa" (por dicilo finamente). É un tramo duns 500 m (tódalas distancias van a ollo eh, que eu non teño cachibaches para medilas) moi estreito polo medio do monte (un camiño de carros para entendernos) que pica lixeiramente cara arriba. A min, que de técnica en bici de montaña son un cero á esquerda, foi o tramo que se me fixo máis duro, non pola subida, que non é moita cousa, senón porque chegando arriba atranqueime cuns paus e cunhas pedras e tiven que parar. O resto do circuito faise ben con tramos anchos e, dentro do que cabe nunha proba destas características, con bo piso. De feito pode facerse todo con plato grande, salvo neses dous tramos que indiquei, onde polo menos eu tiven que meterlle o plato pequeno (no tramo ese estreito incluso tiven que meterlle case todolos piñóns).
Pero bueno, como sempre, a dureza do circuito ven dada polo ritmo que poña cada un. Hoxe fíxeno relativamente cómodo pero seguro que o día da proba irei arrepentíndome de dicir "e eu que no foro puxen que se facía bastante ben...". Bueno, perdón polo ladrillo.
cerqeda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/06/13
1 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Dec 2013, 23:16
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Moitas gracias Pablo!
Case que me puiden imaxinar sufrindo por eses camiños jejeje.
Xa estou apuntado.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Dec 2013, 11:24
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Por certo, xa tedes toda a información en: www.vimianzo.es/axenda...=gl&sec=81
Tede en conta que só hai 144 prazas. Digoo porque en anos anteriores a oferta de prazas cubriase en apenas dous días así que se estades interesados non o deixedes para última hora, a pesares de que o prazo de inscrición remata o día 7 de xaneiro.
sanvictor73

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/12
0 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Dec 2013, 12:09
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Moitas gracias a Pablo pola súa colaboración.
Unicamente matizar que este ano o tramo de asfalto é menor que en anos anteriores porque eliminamos todo o trazado de bicicleta que ía dende Tines a Castro. Aínda que tamén é verdade que o resto do camiño foi arranxado e o piso está en moi bo estado polo que se pode rodar moi ben.
Se queredes partipar non vos despistedes porque as inscricións van a moi bo ritmo (xa superamos a metade das prazas ofertadas)
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 24 Dec 2013, 17:47
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

enton o circuito de bicicleta, os tramos que estaban peor o ano pasado, non se pasan ou están arreglados?
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Dec 2013, 20:19
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

romaris escribió:
enton o circuito de bicicleta, os tramos que estaban peor o ano pasado, non se pasan ou están arreglados?

Hai tramos do ano pasado que coinciden pero este ano, sobre todo os peores, están arranxados. Como di Víctor, un dos tramos máis longos de asfalto que había o ano pasado este ano non se pasa pero a cambio tamén se engade outro, ca famosa subida, iso si jeje.
Aproveito para dicirvos que uns amigos sempre quedamos o día de Reis ás 11 da mañá para facelo pola nosa conta en plan tortuga, máis que nada para ver e coñecer o circuito. Por suposto quen queira vir só ten que aparecer pola linea de saída e listo.
Axfisiado

Novo foreiro
Novo foreiro
13/07/11
0 Carreiras
18 Mensaxes
La Coruña
Respostar citando Envío Xov, 26 Dec 2013, 19:55
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Enlace de la carrera de los cronometradores, con el perfil de la carrera:
www.nortsport.es/index...e-vimianzo
AdrianSouto

Novo foreiro
Novo foreiro
15/09/13
1 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2013, 21:13
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Moitas gracias pola información tan detallada do circuito. Eu xa mandei o formulario de inscripción, a ver se hai sorte e aínda quedan prazas libres.

Será o meu debut nesto dos duatlóns
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 02 Xan 2014, 15:09
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Inscripción completada, así que segunda participación.

El año pasado lo pasé fatal en la bici por culpa del barro, este año espero poder resarcirme...jaja





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos