Lun, 23 Dec 2013, 12:22
Asunto: Re: II Sin-Son 10K (22/12/13)
Boas.
Son sonense e disfruto co atletismo, e para min é un orgullo o que esta fin de semana viveuse no meu pobo.
O sábado dende as 17:30 h e coa presencia de Eliseo Martín, Pedro Nimo e Alejandro Fernández organizouse unha Feira do Corredor onde ademáis da exposición de productos de running e recollida de dorsais, permitiu ós aficionados ó running poder departir e sacar cantas fotos quixemos con estas tres estrelas do atletismo mundial.
Eliseo; Bronce Mundial nos 3000 m Obstáculos en París 2003.
Pedro; 2h 12´10´´ Maratón de Viena 2009 e Mundialista en Berlín 2009 en Maratón.
Alejandro; Bronce Europeo Junior Cross por equipos Edimburgo 2003
Se a calidade atlética queda fora de toda dúbida, esta, vese superada e ampliada pola calidade humana destes tres homes. Constancia clara delo quedou na charla-coloquio que tivo lugar a partires das 19:30 h. Onde acompañados polo Psicólogo Deportivo Joaquín Dosil expuxeron de forma amena e divertida vivencias e anécdotas das súas exitosas e dilatadas vidas deportivas. A pesares dos tempos ós que son capaces de correr estes atletas, ben se viu que son PERSONAS HUMANAS, (sí, con maiusculas).
Contestaron as nosas preguntas e dúbidas, e deronnos consellos tanto ós que só corremos a SIN SON en todo o ano, ou ós que lle metemos os nosos 50/60 km semanais.
Foi unha tarde completa. Supermotivadora.
Xa o domingo, ambientazo deportivo na zona do porto (do Son). Saúdamos ós nosos amigos que veñen da Coruña, Noia, Melide, Pontevedra, etc, xente que coñeces doutras carreiras, debutantes do Son, xente do Papá, O Can é Noso, do CAN de Noia, Viclaumaia, Arnela, AD Porto do Son, AD Cerne Melide, Ramón e Marta, etc. E para Portosín, uns en Bus e os que quixeron, facendo o quecemento pola estrada. Máis de 1100 inscritos chegados de tódolos recunchos de Galicia, e tamén ambientazo deportivo en Portosín. Pistoletazo de saída e a disfrutar.
A SIN SON para nós é a carreira pola que cando caes no sofá, empezan os remordementos e ós 5 minutos calzas as zapatillas de correr e vaslle meter media horiña xa que hai que quedar diante dun de Rocapillón ou dun de Xío, ou queres que se te vexa fino nas fotos que se toman durante toda a ruta. Non sempre o conseguimos (estar finos nin quedar diante do de Xío), pero sí conseguimos a motivación de facer deporte e amigos (SAÚDE).
Despois dos tempazos que todos acadamos, fomos picar algo ó Nadelas para celebralo (cortesía do Papá, O Can é Noso), estivemos na entrega de trofeos e continuámo-la ronda polo Praza, Moncho Conde, Acuario e tomamos unhas tapas no Chinto. Que máis lle podo pedir á SIN-SON?
Moitas gracias a Miguel Mayán e a toda a xente que colabora con él para que un evento deste nivel resulte tan exitoso no Son.
(As pequenas melloras que se poidan facer, constame que a organización tomou boa nota e verémolas reflictidas na SIN-SON 2014).
(Xa sei que non podo comparar, pero no 2011 tiven o pracer de correr a San Silvestre Vallecana, fixeronme sentir como atleta de élite, pulseriña SUB 40, caixón reservado na saída, grupos de rock durante todo o percorrido con música a todo volume, as dependientas das tendas da rúa Serrano brindando con champán ó noso paso, beireamos "La Puerta de Alcalá", miles de personas no barrio de Vallecas animando ós atletas, etc. De verdade que me sentín atleta de elite. Eso sí, non había entrega de dorsal o mesmo día da carreira, nin tampouco había duchas.
Pero a diferencia máis importante coa SIN SON, na meta non estaba PEDRO NIMO DEL ORO abrazando, saudando e felicitando un por un a tódolos chegados.)
De corazón, moitas gracias, fin de semana brutal.
Carreirón, a SIN SON.