Mér, 25 Dec 2013, 10:19
Asunto: Re: X San Silvestre NOIA
En Noia , a gran aficción que hai ao atletismo vaise moitas veces abaixo na organización de carreiras polo pouco ou nulo apoio das institucións, sempre poñen trabas para todo, e creo, polo que falo con xente que entrena alí, que xa están cansados de que lles dean a espalda e pasan de ter problemas...en canto ao da San Silvestre, pois pouca información hai, a organiza o Concello e incluso os propios atletas locais non saben nada de si a hai, si hai que inscribirse, onde,...só se sabe que no cartel anunciador di que é o día 31 ás 5 da tarde...e, en canto ao da quedada, fanna todos os anos o día 24 sobre as 5 da tarde, onte a fixeron , van hacia Outes pola Ponte romana de Pontenafonso,e volven para Noia, fan un circuito pola zona vella e rematan na Alameda...
Esperemos que haxa San Silvestre e non pase o do ano pasado, pero, repito, polo que comentan , é todo deixadez por parte do Concello e da concellalía de deportes.Boas festas para todos/as ea rematar ben o ano e comenzar mellor o 2014.