Xov, 26 Dec 2013, 22:28
Asunto: pozas trasmañó
Hola!
Hai un tempiño que decidín de baixar a correr pola zona de praias e sair cara o monte dende casa. Cheguei, como sen pensalo moito ata Trasmañó, e agora é unha especie de destino fixo, saio e vou cara alí, unha vez alí xa vou buscando o que me apetece!
O caso e que alguén me comentou algo dunhas pozas, tamén lín algo aquí, .. pero o caso e que non sei onde poden estar!
Hoxe, vin unha indicación que puña Río Fondón, que se supón é o que ten as pozas. ASí que ala fun por esa especie de camiño onde están as torres de alta tensión. Cheguei a unha zona que tal vez sexa preto do nacemento, e decidín ir correndo ao carón do rio a ver si miraba algo. Cheguei a unha calzada e cruceina para seguir por outros camiños, pero nada! Ao final, perdín o río entre zonas de regadío do que supoño será a zona baixa de Trasmañó, pero moi cerca do Coto do Aguia e o campo de futbol, así que, subín ata a estrada e metín outra vez, monte através cara arriba, volvendo a ruta ao redor do Coto e aos camiños que me levan de volta hacia a zona do Vixiador/Aeroporto.
ALguén ten localizadas esas pozas? Tédeas nalgunha ruta? Son bañables? ou apenas serven para mollalos pes? ( en verao vendrán moi ben!).
Ao final as rutas quédanme do orde de 15 km, ( algún día ata 20 e pouco) .
Bueno, se sabedes, agradecería a info!
Saúdos!