Xov, 02 Xan 2014, 21:41
Asunto: Re: Vegetarianos y anemias
Boas noites
Theo: “En páxina vexetarianas soen publicar estudos que non pagaron, leenos e publícanos.”
***Haber oh, os estudios non os paga a industria, en todo caso pagan o feito de publicitar os resultados dos mesmos, igual que que fan as “entidades vexetarianas” ou pensas que esas entidades viven do aire, a xente cobra a fin de mes, eu non sei quen lles paga nin me interesa. Os investigadores cando fan eses estudios, publicanos en revistas especializadas, se estas llos admiten (en función da rigurosidade dos mesmos) e arriscan o seu prestixio, pode pasarlle como lle pasou ó da homeopatía..
Theo: “usar unha autoridade para ter máis "razón". Quizás a teña, non o sei, pero en principio teño as miñas dudas”.
***Equivocaste, non usa a autoridade para ter máis razón, senon que ten os coñecementos que lle permiten evaluar a bibliografía e facer un extracto, eu desde logo non teño eses coñecementos, pero antes de poñer en duda esas conclusións, faria como cos estudios que puxeches ti, busqueinos e linos, e a conclusión xa está escrita.
Theo: que intentarei buscar os estudios utilizados pola PCRM, por exemplo. A ver se teño sorte, non é sinxelo atopar estudios en internet.
***En internet está todo, os que ti puxeches, encontreinos en 5 minutos, o único problema pode ser que sexa de pago se é moi reciente, se ten máis de 1 ano soen ser gratis, depende da publicación, se queres axudoche, usa google scholar para filtrar documentación non científica.
Theo: a páxina oficial da Asociación Española de Pediatría. Home, non sei, se queres lévalle a contraria a eles.
***Non lles levo a contraria, digo que nas paxinas web escribe “calquera”, anque sexa médico, pode dar unha opinión personal, por eso, cando se trata de decir cousas do tipo “este alimento non é san” prefiro a cita bibliográfica orixinal que evaluou o tema e sacou esas conclusións (bastante pouco pido, o normal e que pedir maís traballos, xa que erros tamén os pode haber nun estudio individual, xa sabes na ciencia as hipoteses ademais de probalas teñen que ser repetibles)
Theo: o leite non é auga, e a xente bebéo como si tal, o leite non é inocua, hai que ter coidado con ela como hai que tela cos frutos secos ou a penicilina, que eu son alérxico
***O leite non é inocuo, e igualalo coa penicilina,.. con este tipo de comentarios, querido Theo perdes toda posibilidade de credibilidade...
Theo: frutos secos son o alimento que máis alerxias producen en adultos, e tamén se comen como se fosen inocuos, simplemente porque en principio moitas alerxias toléranse ben, ..... é qué sucede a longo prazo cando se toma un alimento que costa dixerir porque o corpo o rechaza sexa vexetal ou animal.
***Mira, paso de pseudociencias, as alerxias non se toleran, en todo caso sufrense, non me parece ben xogar cos términos, “Alerxia” é unha enfermedade bastante grave que pode poñer en risco a vida dos individuos. En todo caso a intolerancia é un síndrome de menor entidade, pero unha alerxia implica directamente ó sistema inmune, non falamos de bromas. Os froitos secos, non te preocupes, son inocuos, excepto para os alérxicos, así que se non es arlerxico podes comelos tranquilamente, a non ser que teñas problemas de tipo psicolóxico (non o digo con animo de ofender), eso chamase: Hipocondría
Theo: Desinformar sería decir que non é posible facer deporte se non comes productos derivados de animais
***Desinformar, eu empreguei ese termino como o feito de difundir mitos e noticias baseadas en supersticións, e non baseadas en feitos probados pola ciencia, que é o que plagan os teus comentarios, repito que non é nada persoal, solo reflexo a realidade, sei que outras persoas poden pensar o mesmo e difundilo por todos os medios dispoñibles, pero non por eso se transforman en verdades, xa se pode repetir unha mentira un millón de veces que non se transformará en verdade.
Theo: industria dos lácteos ten moita produción e intentan introducir o seu producto no maior número de alimentos posibles, eu teño bastante claro que non o fan pola saúde da xente, é un negocio como outro calquera, teñen exceso e o leite acaba hasta nas sopas de sobre.
***Creo que te equivocas totalmente, vivimos nun mundo donde a oferta non é a que domina o mercado (coa excepción dos “pseudomonopolios”: petróleo, enerxia..), máis ben todo o contrario, quen domina é a demanda, xa te podes matar a fabricar un determinado produto, que se o consumidor non o compra, o único que vai a pasar e que te arruinese. Se os derivados lacteos se usan na industria alimentaria é porque esta o demanda, porque queiras ou non son ingredientes de altísima calidade e moi polivalentes.
Ademais está a componente cultural, eu se quero galletas de mantequilla, non quero que sean de palma, hidroxenadas.... Prefiro un millón de veces a mantequilla.
Theo: pero os alimentos non son inocuos, os alimentos poden ser rechazados e se acabas por introducilo a forza, o corpo tolerao, pero tolerar non significa que non existan repercusións. ... non sei, tamén queres estudios para eso?... o corpo tolera moitos alimentos, pero non significa que estes alimentos nos fagan ben
***Por suposto que desexaria ver eses estudios, repito, paso de pseudociencias, charlatáns e vendedores de crecepelo.
Theo: ben sabido é que os alimentos son a mellor mediciña e poden producir a pior das enfermidades.
***Dillo a Steve Jobs, unha mente privelexiada, que intentou curar un cáncer de figado a base de terapias alternativas e dieta, o dito, os charlatáns matan xente, anque sexa xente intelixente.
Theo: O que máis me molesta é que o leite é un alimento que se consume moitísimo, máis que calquer outro, e hai que ter coidado, porque non é ouro todo o que reluce.
***Non che ten que molestar, ti non tes a obligación de consumilos, pero tampouco deberias expoñer conclusións totalmente falsas como se fosen evidencias científicas, son solo mitos (repito que non é nada persoal, pero é que é asi de simple), moita xente podeo leer e creer que é verdade, eu, realmente se contesto estas opinión é exclusivamente pola xente que lea as intervencións que os poidan confundir.
Theo: Eu teño dudas sobre a alegre inxesta dos alimentos, sobre todo cando estes son de consumo diario, o pan, o leite e as patacas son os alimentos que máis se consumen, de lonxe, e existen dudas razonables para pensar que o leite non debería tomarse como se fose auga saneada.
***O dito, falar por falar, aporta algún estudio se o tes, e comentamos, non so do leite, tamén o pan e as patacas, non so son inocuas senon que te manteñen nutrido e san.