Foros ›
[DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ki0t0

Novo foreiro
Novo foreiro
7/01/13
7 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Xan 2014, 11:23
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Este año repito!!! ya estoy inscrito y me diverti muchisimo en el del año pasado, barro a fartar!!! jejejejeje
una pregunta? los tramos cambian con respecto al año pasado? porque igual voy antes de la prueba para verlo in situ.
me hace ilusion esta prueba porque es la primera q hice nunca y para los novatos como yo esta genial.
RobertoI

Novo foreiro
Novo foreiro
20/10/13
20 Carreiras
30 Mensaxes
Noia
Respostar citando Envío Sáb, 04 Xan 2014, 18:10
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Pois eu tamén fago o meu debut nesta proba, a ver que sae de ahí. Agardo que non sexa moi complicada que eu de técnica na bici de montaña pouca...
Alí nos veremos.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Xan 2014, 22:20
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

ki0t0 escribió:
Este año repito!!! ya estoy inscrito y me diverti muchisimo en el del año pasado, barro a fartar!!! jejejejeje
una pregunta? los tramos cambian con respecto al año pasado? porque igual voy antes de la prueba para verlo in situ.
me hace ilusion esta prueba porque es la primera q hice nunca y para los novatos como yo esta genial.

O tramo de bici si que cambia con respecto ó ano pasado. Tiñamos pensado quedar un grupiño o día de Reis ás 11 para facer unha "proba previa" pola nosa conta para coñecer o circuito, pero seica para esa mañá dan un temporal moi forte así que igual suspendemos o entreno.
suso_

Novo foreiro
Novo foreiro
29/09/11
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Xan 2014, 0:37
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Boas, onde se pode mirar a lista de inscritos? grazas.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Xan 2014, 18:39
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Un grupo de amigos e eu fixemos hoxe pola mañá parte do percorrido. Do tramo de bici demos unha volta e visto o recorrido, teño que matizar unhas cousas que puxen en posts anteriores pois o percorrido non é exactamente por onde eu pensaba. Lembrade que primeiro hai que facer un tramo de 5.4 km (nos como somos así de guays fixemos 8 e medio pero bueno jeje) que é clavado ó do ano pasado.
Ante todo dicir que o fixemos despois de que esta noite (bueno, e unhas cuantas noites e días máis nas últimas semanas tamén...) chovese a caldeiros. Digoo para que non collades pánico despois de ler o que vou escribir pois con toda esa auga acumulada o recorrido complícase moito. Ademáis tede en conta que eu son un corredor da morea así que o que para min é duro para outro é un chiste. E outra cousa, as distancias que indico van así a ollo.
Para empezar con ánimo esta descrición que vai o máis detallada posible, teño que darvos a boa noticia (polo menos para min) de que as baixadas que hai non teñen ningún perigo (tan só hai unha que xa se fixo o ano pasado que ten unhas cuantas pedras pero como non ten unha pendente excesiva non se pode dicir que sexa perigosa).
A grandes rasgos hai 4 zonas complicadas:
A primeira xa se atopa a aproximadamente un km da saída. Como puxen nun post anterior, trátase dunha subida duns 200 m asfaltada pero que tira bastante aínda que non chega a ser unha parede nin moito menos. Recoméndovos que aí metades o plato pequeno se non queredes ir atrancados.
Trala subida ven unha boa baixada tamén asfaltada que se pode facer a tope porque non ten curvas nin perigo de ningún tipo. Logo ven un pequeno llano e tórcese á dereita (curva superpechada) para meternos por un camiño que está moi ben (o sea, que se pode manter o plato grande que se supón xa lle metemos na baixada). Imos por ese camiño algo máis dun km e atopamos o segundo punto complicado.
Este 2º punto está xusto nunha curva á esquerda (o sea que hai que meterse para a dereita) que ten algo de baixada e trátase dun camiño superestreito que hoxe era un auténtico rio pois chegaba a auga á altura da cadena da bici (así para que vos deades unha idea...). Recoméndovos que ANTES de entrar nesta parte estreita, xa na baixada, metades o plato pequeno porque unha vez dentro, entre as pedras, a auga, as ramas (hoxe mesmo había un pino atravesado) faise imposible manter unha velocidade mínima para manter o plato grande. Por suposto, está prohibidísimo meter pé a terra neste tramo porque igual vos chega a auga á rodilla (daí a recomendación do plato pequeno). O tramo "acuático" mide só uns 200 m (e chégalle bieeeen), tralos cales empeza unha pequena subida que se fai dura polas pedras e as ramas que dixen antes. Todo o tramo superestreito debe medir uns 700 m. Logo dese tramo, cóllese á esquerda e atopamonos cun barrizal que xa "disfrutamos" o ano pasado pois é un tramo que coincide co recorrido da pasada edición. Nel xa podedes meter plato pois a poucos metros está esa baixadiña que vos dicía cas pedras. Seguiiiiiindo un bo anaco (un km e medio máis ou menos) atopamos o terceiro punto complicado.
Ese terceiro punto é unha subida tamén curta pero dura pois é toda de barro e a bici entérrase que da gusto; o sea que cando vexades a subida ó lonxe ide pensando en meter o plato pequeno. Logo toca baixada sinxela, ó final da cal se torce a man dereita para entrar nun tramo que, visto o anterior, é o paraiso e que dura un km longo. Cóllese despois un desvio á esquerda e seguimos aínda no paraiso (é dicir plato grande e piñón pequeno) pero non cantedes aínda victoria porque xa estades chegando ás portas do inferno (cuarto punto complicado).
Ese cuarto punto está nun desvio minúsculo a man esquerda e en baixada (o sea que revisade ben os frenos porque aí ides ter que clavalos a fondo). Entramos nun camiño supersupersuperestreito (peor aínda que o anaco acuático de antes) pero que polo menos é llano. Obviamente hai que ir co plato pequeno porque intentar pillar aí velocidade sen caer nas rodeiras dos tractores non debe ser nada fácil. Nun punto concreto mesmo hai unha pequena ponte que hai que atravesar andando. Si si, hai que meter pé a terra e atravesalo por unha beiriiiiiiiiiiiiiiña duns cms de ancho porque hai tal cantidade de barro no medio do camiño que a bici queda literalmente clavada. Tranquilos que só hai que andar ca bici ó lombo uns 10 metros. Antes de chegar a esa pontiña (que está nunha pequena baixada), metede o piñón máis grande que teñades. Agradeceredelo, porque logo toca unha subidiña de nada pero moi estreita e con pedras e ramas así que como teñades que arrancar cun piñón pequeno ides flipar (digoo porque foi o que nos pasou hoxe a todos de xeito que ó final en vez de andar 10 m ca bici ó lombo tivemos que andar case 50). A partir daí xa nos metemos nunha zona relativamente cómoda de plato grande tamén con algo de barro pero bueno, nada que ver co que xa levamos pillado. Ese tramo cómodo xa nos leva ata a estrada (siiiiiii, por fin asfalto de novo, aínda que só sexan uns 300 m) e daí á zona de transición hai un paso.
Bueno, pois a todo iso hai que darlle dúas voltas para completar os 21 km e despois aínda correr 3.6 km polo mesmo sitio do ano pasado, aínda que por fortuna este ano ese tramo está arranxado e faise moi ben.
Recemos pois para que esta semana non chova moito, pois como dixen ó principio, o que complica realmente o circuito é a auga acumulada e o barro pero, se está seco (dentro do que cabe) si que é cómodo.
Bueno, perdoade o ladrillo pero se o soltei é para que vos deades unha idea do que hai e así evitarvos sorpresas.
cerqeda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/06/13
1 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Xan 2014, 21:19
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Moitas gracias Pablo, como sempre moi "gráfico".
A min o barro e pozas non me importan pero a verdade é que teño medo de caer e co teu relato ainda máis jejeje. A semana pinta mal, asi que crucemos os dedos.

-Sabedes si hai onde lavar a bici?
-Quedan plazas?

Gracias.
gallego

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
28/02/06
0 Carreiras
1815 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 06 Xan 2014, 22:28
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Gracias pablo polo relato, pero xa mo imaxinaba pq hoxe sain dar unha volta ca btt e camiño q estaban bastante ben, hoxe era todo lameiras, sobre todo onde acumula a auga elodo q podes chegar e se non tes algo de experiencia clavar a bici e ter q botar pe a terra no medio la lama como lle pasou a tury, pero ten q ir aprendendo q antes xa nos pasou ps demais.

Un saludo a todos, aunque prestado en Santiago, natural de Santa Comba.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Xan 2014, 12:36
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

cerqeda escribió:
Moitas gracias Pablo, como sempre moi "gráfico".
A min o barro e pozas non me importan pero a verdade é que teño medo de caer e co teu relato ainda máis jejeje. A semana pinta mal, asi que crucemos os dedos.

-Sabedes si hai onde lavar a bici?
-Quedan plazas?

Gracias.

Se hai algunha caida neses tramos estreitos ten que ser cousa de meter pé a terra por falta de equilibrio e nada máis. A mala pata é se che toca meter o pé na zona onde hai máis auga porque nese caso o duatlón igual pasa a ser triatlón pola molladura Sorriso Pero bueno, tamén hai que miralo polo lado bo: se o circuito está complicado pois tamén é un aliciente máis, non? Sorriso
Sobre o de lavar a bici, o ano pasado había unha mangueira na zona de chegada para todos os participantes polo que se formou unha cola de coidado. Este ano non teño nin idea de como será a cousa. A min por fortuna non me afecta porque imaxino que voltarei para casa na bici, así que xa hai un menos para a cola jeje. E sobre se quedan plazas pois hoxe remata o prazo pero penso que algunhas aínda quedaban.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Xan 2014, 12:43
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

gallego escribió:
Gracias pablo polo relato, pero xa mo imaxinaba pq hoxe sain dar unha volta ca btt e camiño q estaban bastante ben, hoxe era todo lameiras, sobre todo onde acumula a auga elodo q podes chegar e se non tes algo de experiencia clavar a bici e ter q botar pe a terra no medio la lama como lle pasou a tury, pero ten q ir aprendendo q antes xa nos pasou ps demais.

A miña experiencia en btt é case nula pois aparte do duatlón do ano pasado e dalgunha saída que fixen pola miña conta os domingos desde hai dous meses, cero patatero. De todos modos, algún especialista que ti eu coñecemos (Calzas) creo que tamén encallou jaja. Pero bueno, como dixen, se hai que andar ca bici ó lombo serán só uns 10 m. Bueno, serán 10 m se tedes a precaución, como tamén indiquei, de meter o plato pequeno e o piñón máis grande que teñades ANTES de chegar a esa pequena ponte porque se non o facedes, para arrancar na subidiña que hai despois ides ter problemas polo que igual tedes que ir ca bici ó lombo 50 m en vez de 10.
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 07 Xan 2014, 19:19
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Si está como el año pasado, yo no creo que vaya.

Creo que hice 2 km por vuelta corriendo con la bici al lado por evitar caerme o que me tiraran...jaja
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2014, 0:12
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

romaris escribió:
Si está como el año pasado, yo no creo que vaya.

Creo que hice 2 km por vuelta corriendo con la bici al lado por evitar caerme o que me tiraran...jaja

Iso pasounos a moitos jaja, pero ten o seu encanto oh. De tódolos xeitos, penso que hai menos barro que o ano pasado. O "problema" do circuito deste ano é que hai un par de tramos moi específicos que son bastante complicados tecnicamente (desde o meu punto de vista de aficionado total eh). Pero bueno, estamos falando de aproximadamente 2 km dun total de 21. E neses tramos indo amodo non hai porqué caer; o ano pasado era case todo circuito moi chungo polo barrizal. O resto de km non requiren dunha técnica especial (e se o digo eu, que o fixen ca miña bici de montaña que comprei por 30.000 ptas cando aínda había pesetas... pois imaxinate).
RobertoI

Novo foreiro
Novo foreiro
20/10/13
20 Carreiras
30 Mensaxes
Noia
Respostar citando Envío Ven, 10 Xan 2014, 13:00
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Lista de inscritos, finalmente seremos 125 os valentes.

www.vimianzo.es/media/...mianzo.pdf
Tergio

Novo foreiro
Novo foreiro
10/01/14
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Xan 2014, 22:43
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Boas a todos!
Finalmente animeime este ano e apunteime para a festa que tedes preparada. Ata o de agora só fixen btt e a parte de correr a pé vai ser case estreno (2 carreiras populares previamente). Mete un pouco de medo ver canto inscrito hai que pertence a clubes, seica inda vai ser unha vergonza ir a ritmos baixos!! Silbar

Quería preguntar polos horarios para dorsais e saída, que non o dou atopado. Serán os mesmos que en 2013?

Un saúdo!
RobertoI

Novo foreiro
Novo foreiro
20/10/13
20 Carreiras
30 Mensaxes
Noia
Respostar citando Envío Sáb, 11 Xan 2014, 19:11
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Tergio escribió:
Boas a todos!
Finalmente animeime este ano e apunteime para a festa que tedes preparada. Ata o de agora só fixen btt e a parte de correr a pé vai ser case estreno (2 carreiras populares previamente). Mete un pouco de medo ver canto inscrito hai que pertence a clubes, seica inda vai ser unha vergonza ir a ritmos baixos!! Silbar

Quería preguntar polos horarios para dorsais e saída, que non o dou atopado. Serán os mesmos que en 2013?

Un saúdo!
Dorsais de 9:30 a 10:45
Saída ás 11:00
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 11 Xan 2014, 22:05
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)

Se corresponde el circuito de bici que hemos hecho hoy con el que aparece en el enlace de nortsport????


Yo creo que no se parece en mucho, pero bueno...

Mi segunda y última participación seguro. Entiendo y respeto que pongan un circuito peligroso, pero yo no me juego romperme una pierna.

Lo pasé peor que el año pasado que ya es decir.

No se lo recomiendo a nadie que no sea experto en terrenos donde no hay donde posar el pie salvo en un rio de medio metro de profundidad.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos