Lun, 06 Xan 2014, 18:39
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)
Un grupo de amigos e eu fixemos hoxe pola mañá parte do percorrido. Do tramo de bici demos unha volta e visto o recorrido, teño que matizar unhas cousas que puxen en posts anteriores pois o percorrido non é exactamente por onde eu pensaba. Lembrade que primeiro hai que facer un tramo de 5.4 km (nos como somos así de guays fixemos 8 e medio pero bueno jeje) que é clavado ó do ano pasado.
Ante todo dicir que o fixemos despois de que esta noite (bueno, e unhas cuantas noites e días máis nas últimas semanas tamén...) chovese a caldeiros. Digoo para que non collades pánico despois de ler o que vou escribir pois con toda esa auga acumulada o recorrido complícase moito. Ademáis tede en conta que eu son un corredor da morea así que o que para min é duro para outro é un chiste. E outra cousa, as distancias que indico van así a ollo.
Para empezar con ánimo esta descrición que vai o máis detallada posible, teño que darvos a boa noticia (polo menos para min) de que as baixadas que hai non teñen ningún perigo (tan só hai unha que xa se fixo o ano pasado que ten unhas cuantas pedras pero como non ten unha pendente excesiva non se pode dicir que sexa perigosa).
A grandes rasgos hai 4 zonas complicadas:
A primeira xa se atopa a aproximadamente un km da saída. Como puxen nun post anterior, trátase dunha subida duns 200 m asfaltada pero que tira bastante aínda que non chega a ser unha parede nin moito menos. Recoméndovos que aí metades o plato pequeno se non queredes ir atrancados.
Trala subida ven unha boa baixada tamén asfaltada que se pode facer a tope porque non ten curvas nin perigo de ningún tipo. Logo ven un pequeno llano e tórcese á dereita (curva superpechada) para meternos por un camiño que está moi ben (o sea, que se pode manter o plato grande que se supón xa lle metemos na baixada). Imos por ese camiño algo máis dun km e atopamos o segundo punto complicado.
Este 2º punto está xusto nunha curva á esquerda (o sea que hai que meterse para a dereita) que ten algo de baixada e trátase dun camiño superestreito que hoxe era un auténtico rio pois chegaba a auga á altura da cadena da bici (así para que vos deades unha idea...). Recoméndovos que ANTES de entrar nesta parte estreita, xa na baixada, metades o plato pequeno porque unha vez dentro, entre as pedras, a auga, as ramas (hoxe mesmo había un pino atravesado) faise imposible manter unha velocidade mínima para manter o plato grande. Por suposto, está prohibidísimo meter pé a terra neste tramo porque igual vos chega a auga á rodilla (daí a recomendación do plato pequeno). O tramo "acuático" mide só uns 200 m (e chégalle bieeeen), tralos cales empeza unha pequena subida que se fai dura polas pedras e as ramas que dixen antes. Todo o tramo superestreito debe medir uns 700 m. Logo dese tramo, cóllese á esquerda e atopamonos cun barrizal que xa "disfrutamos" o ano pasado pois é un tramo que coincide co recorrido da pasada edición. Nel xa podedes meter plato pois a poucos metros está esa baixadiña que vos dicía cas pedras. Seguiiiiiindo un bo anaco (un km e medio máis ou menos) atopamos o terceiro punto complicado.
Ese terceiro punto é unha subida tamén curta pero dura pois é toda de barro e a bici entérrase que da gusto; o sea que cando vexades a subida ó lonxe ide pensando en meter o plato pequeno. Logo toca baixada sinxela, ó final da cal se torce a man dereita para entrar nun tramo que, visto o anterior, é o paraiso e que dura un km longo. Cóllese despois un desvio á esquerda e seguimos aínda no paraiso (é dicir plato grande e piñón pequeno) pero non cantedes aínda victoria porque xa estades chegando ás portas do inferno (cuarto punto complicado).
Ese cuarto punto está nun desvio minúsculo a man esquerda e en baixada (o sea que revisade ben os frenos porque aí ides ter que clavalos a fondo). Entramos nun camiño supersupersuperestreito (peor aínda que o anaco acuático de antes) pero que polo menos é llano. Obviamente hai que ir co plato pequeno porque intentar pillar aí velocidade sen caer nas rodeiras dos tractores non debe ser nada fácil. Nun punto concreto mesmo hai unha pequena ponte que hai que atravesar andando. Si si, hai que meter pé a terra e atravesalo por unha beiriiiiiiiiiiiiiiña duns cms de ancho porque hai tal cantidade de barro no medio do camiño que a bici queda literalmente clavada. Tranquilos que só hai que andar ca bici ó lombo uns 10 metros. Antes de chegar a esa pontiña (que está nunha pequena baixada), metede o piñón máis grande que teñades. Agradeceredelo, porque logo toca unha subidiña de nada pero moi estreita e con pedras e ramas así que como teñades que arrancar cun piñón pequeno ides flipar (digoo porque foi o que nos pasou hoxe a todos de xeito que ó final en vez de andar 10 m ca bici ó lombo tivemos que andar case 50). A partir daí xa nos metemos nunha zona relativamente cómoda de plato grande tamén con algo de barro pero bueno, nada que ver co que xa levamos pillado. Ese tramo cómodo xa nos leva ata a estrada (siiiiiii, por fin asfalto de novo, aínda que só sexan uns 300 m) e daí á zona de transición hai un paso.
Bueno, pois a todo iso hai que darlle dúas voltas para completar os 21 km e despois aínda correr 3.6 km polo mesmo sitio do ano pasado, aínda que por fortuna este ano ese tramo está arranxado e faise moi ben.
Recemos pois para que esta semana non chova moito, pois como dixen ó principio, o que complica realmente o circuito é a auga acumulada e o barro pero, se está seco (dentro do que cabe) si que é cómodo.
Bueno, perdoade o ladrillo pero se o soltei é para que vos deades unha idea do que hai e así evitarvos sorpresas.