Dom, 12 Xan 2014, 21:42
Asunto: Re: [DU] Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo) (12/01/14)
En primeiro lugar quero felicitar á organización. Quero aclarar que eu non formo parte da mesma; tan só me limito a publicitar o duatlón neste foro e animarvos a participar pois a este duatlón téñolle moito cariño porque ten unha historia moi curiosa pero que se me poño a contala aquí igual me sae un post moi longo e tampouco é plan.
Bueno, dicía que para min a organización, unha vez máis, foi de 10 e máis aínda co tempiño que nos tocou. E tamén quería destacar o enorme mérito de tódolos voluntarios, protección civil, quads, as mulleres do cola cao, etc etc etc. Coñezo a moitos/as deles e para min aínda teñen máis mérito ca nós os participantes.
Sobre os perigos do circuito, dos que se falaba nun post anterior, penso que non eran tales. Máis patoso ca min en bici de montaña é difícil ser; se a iso engadimos que participo cunha bici que en realidade son 4 ferros e aínda así conseguín facelo, significa que o pode facer calquera. Como dicía gallego, non había baixadas perigosas e naqueles puntos onde non quedaba outra que meter pé a terra pois metiase e punto. Eu debín facer iso 30 veces e non pasa nada pois como me dicía un colega cando íamos no tramo de bici compartindo penurias, "eu veño a participar, non a competir". A iso tamén hai que engadir, por suposto, que a climatoloxía non axudou absolutamente nada, pois se chegamos a pillar un día soleado como foi o sábado o circuito non ten problema ningún.
Quero dicir con isto que, para o ano, non vos acojonedes e voltedes ou ben debutedes, pois de tódolos duatlóns que hai en Galicia con BTT non creo que este sexa dos máis perigosos (repito: duatlóns con BTT, non "días da bicicleta" que se fan en moitos concellos). Quero matizar que falo sen coñecemento de causa pois aparte deste non participei nunca noutros.